1296 [= RM 91,4]
Mandad’ei comigo

Mandad’ei comigo,
ca ven meu amigo,
e irei, madr’, a Vigo.
Comig’ei mandado,
ca ven meu amado,
e irei, madr’, a Vigo.
Ca ven meu amigo,
e ven san’e vivo,
e irei, madr’, a Vigo.
Ca ven meu amado,
e ven viv’e sano,
e irei, madr’, a Vigo.
Ca ven san’e vivo,
e d’el-rei amigo,
e irei, madr’, a Vigo.
Ca ven vivo e sano,
e d’el-rei privado,
e irei, madr’, a Vigo.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1279, V 885, N 2

Por salto do amanuense, no Cancioneiro da Biblioteca Nacional falta a copia dos vv. 5-7.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 441-442); Cunha (1999 [1956]: 357 [= LPGP 610-611]); Spaggiari (1980: 396); Fernández Guiadanes et alii (1998: 187); Cohena (2003: 514); Littera (2016: II, 79-80); Cohenb (2016c: 191); Monteagudo (2017: 54).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 302); Braga (1878: 166); Vindel (1915: II); Oviedo y Arce (1917: 30-31); Bell (1923: 165); Nunes (1931: 24); Machado & Machado (1956: V, 392); Ferreira (1986: 130); Brea (1998: 97-98); Couceiro Pérez & Fontoira (1998: 25); Monteagudo (1998a: 94); Monteagudo (1998b: 109); Pena (1998a: 67); Pena (1998b: 86); Pena (1998c: 94); Montero Santalha (2004); Tavani (2014: 39).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 37-38); Seoane (1941: 96); Bernárdez (1952: 134); Nunes (1959: 356-357); Álvarez Blázquez (1975: 160-161); Torres (1977: 158); Reckert & Macedo (1980: 150); Gonçalves & Ramos (1983: 261-262); Alvar & Beltrán (1989: 338); Pena (1990: 142-143); Alonso Girgado (1992: 42); Delgado León (1996: 108); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 155); Diogo (1998: 243); Morán (1999: 45); [Morán] (2001: 49); Álvarez Maneiro & Borriero (2018: 42).

Variantes manuscritas


1 ei] e V   3 E hirey madre vyuo B : hirey madre uyuo V   4 Comig’] []omigu N; ei] e BV   5-7 om. B   5 amado] amade V   6 e] om. V   9 e] om. BV   11 sano] senō V   12 e] om. BV   15 e] om. BV   16 vivo e sano] uiue sano BV   18 e] om. BV

Variantes editoriais


2 meu] men Nunes   16 vivo e] viv’e Nunes, Cunha, Fernández Guiadanes

Paráfrase


(I) Chegoume recado de que vén o meu amigo, e irei, madre, a Vigo.

(II) Chegoume recado de que vén o meu amado, e irei, madre, a Vigo. 

(III) Que vén o meu amigo e vén san e vivo, e irei, madre, a Vigo. 

(IV) Que vén o meu amado e vén vivo e san, e irei, madre, a Vigo.

(V) Que vén san e vivo e do rei amigo, e irei, madre, a Vigo. 

(VI) Que vén vivo e san e do rei privado, e irei, madre, a Vigo.

Métrica


Esquema métrico: 5’a 5’a 6’A (I) + 5’a 5’a 6B’ (II-VI [= RM 26:135])

Encontros vocálicos: 16 vivoe

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é a segunda da secuencia seriada que a crítica considera no conxunto das sete cantigas codaxianas (véxase nota a UC 1295).

    Por outra banda, nesta, como na maioría das cantigas de Martin Codax (véxanse tamén UC 12951297, 1298, 1300), está presente, en maior ou en menor medida, a rima asoante ou toante, que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583584585586606609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813839), Meendinho (848), Airas Nunez (864870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920922), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (11611163116511661167116811691170), Pero Meogo (1204120512061208), Martin de Giinzo (12871288128912901291), Fernand’Esquio (1314).

  • 1

    Tanto neste verso como no v. 4, as variantes de BV apuntan a unha diverxencia ei / é (N vs. BV) que se detecta noutras cantigas entre os dous ramos da tradición manuscrita da lírica profana (A vs. BV). Véxanse 86.17, 163.3, 164.16, 282.4.

  • 8

    O adxectivo sano (tamén vv. 11, 13, 16), como outras palabras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo, mostra a conservación de -n- intervocálico (louçana, Granada, avelana, venia etc.), sen dúbida como decoración arcaizante propia deste xénero (véxase Ferreiro 2008b), aínda que pode moi esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado