O proxecto Universo Cantigas ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital dos textos da lírica profana galego-portuguesa, continuando o traballo iniciado co Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa (2010-2015, agora xa integrado en UC). Actualmente, Universo Cantigas é desenvolvido ao abeiro dos proxectos ministeriais FFI2015-63523-P e PGC2018-093928-B-I00. |
Forma de citación
1. Para citar UC (en conxunto):
Ferreiro, Manuel (dir.) (2018-): Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa. Universidade da Coruña <http://universocantigas.gal> ISSN 2605-1273 [data da última revisión: dd/mm/aaaa].
2. Para citar edicións:
Ferreiro, Manuel & Arbor Aldea, Mariña & Arias Freixedo, Bieito & Eirín, Leticia (eds.) (2018-): Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa. Universidade da Coruña <http://universocantigas.gal> [data da última revisión: dd/mm/aaaa].
3. Para citar o glosario:
UC/Glosario, s.v. xxx, en Ferreiro, Manuel (dir.) (2014-): Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa. Universidade da Coruña <http://universocantigas.gal> [data da última revisión: dd/mm/aaaa].
Agradecemos á Biblioteca da Ajuda e á Biblioteca Nacional de Portugal o acceso ás imaxes dos manuscritos.