En B, após unha lacuna de oito versos (aproximadamente) marcada con +, aparecen copiados os seguintes dous versos:
Per hūo soyllo prazer
Pesares uy ia mays de myll.
Despois destes rexístrase novo espazo en branco, que precede o cambio de folio.
I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 321 [= LPGP 803-804]); Cohen (2003: 353); Littera (2016: II, 331).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 251); Braga (1878: 136); Machado & Machado (1956: V, 183); Montero Santalha (2004r: nº 5).
2 sanhudo] nhudo V
Nunes acrecenta dous versos no final da cantiga:
«Per un soilo prazer
pesares vi já mais de mil».
En Cohen, pola súa parte, aparecen cancelados:
|Per †hũo soyllo† prazer <vil>
pesares vi ja mais de mil|
3 pesar-mi-á] pesar-mi-á [én] Nunes : pesar m’ ia Cohen, Littera 4 antig’, onde mi ben] antigo, de mi ben Nunes : antig’, e de mi ben Cohen
(I) Foise o meu amigo de aquí sañudo porque non o vin e hame pesar, mais ouvín un proverbio, que é ben certo para min, que di así: «Quen lixeiro vai (tamén) lixeiro volve».
Esquema métrico: 8a 8a 8a 8b 8a 8b (= RM 13:53)
Encontros vocálicos: 3 -mi͜-a, ma·is
No Cancioneiro da Biblioteca Nacional, após un espazo en branco –correspondente a seis liñas e marcado polo copista cunha cruz (+)–, aparecen dous versos, probabelmente pertencentes a un texto tardío incrustado neste final da columna b do folio:
<Per hūo soyllo prazer
Pesares uy ia mays de myll>.
Estes versos foron acrecentados por Nunes á cantiga de Pero de Berdia, a pesar do problema lingüístico da forma <soyllo> e da inexistencia destes dous versos no Cancioneiro da Vaticana, que é un indicio do seu carácter tardío.
Coa contaxe bisilábica de mais que se pode deducir da análise de múltiplas pasaxes trobadorescas (Ferreiro 2016c), son desnecesarias as emendas dos editores neste verso (integración de én, Nunes; pesar-m’-ia en Cohen e Littera), ambas inducidas polo aparente problema de hipometría1 .
Semella que nin Nunes nin Cohen foron conscientes da posibilidade interpretativa que permiten as leccións de B (<antigõ de>) e de V (<antigon de>) a través da deglutinación do pronome relativo onde: ‘mais ouvín un proverbio, que me é ben verdadeiro’.
O vervo (‘proverbio popular’) que aparece na cantiga tamén se rexistra como elemento importante noutras composicións, con frecuencia no sintagma verv’antigo2 (Filgueira Valverde 1992: 168-169). Véxase 633.1, 697.16, 1312.4, 1389.2, 1407.19, 1521.7, 1640.4.
Unha argumentación contra o esporádico valor bisilábico de mais pode verse en Fernández Guiadanes (2023: 2.627-2.655), aínda recoñecendo que “non se pode desbotar por completo a posibilidade de que o resultado galegoportugués de MAGIS mantivese o seu carácter bisílabo ocasionalmente” (ib.: 2.655).
Na Crónica Geral de Espanha de 1344 recibe o nome de palavra antiga, sinónimo do sintagma consagrado na lírica trobadoresca: querote dizer hũa palavra antiga que diz assy: «Sempre homem merca bem com o torpe e com o coytado» (Cintra 1952-1990: III, 383).