I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 328); Indini (1978: 156 [= LPGP 165]); Cohen (2003: 363); Littera (2016: I, 156).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 255); Braga (1878: 139); Machado & Machado (1956: V, 204); Berardinelli (1985: 18); Camargo et alii (1992: 45); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 40).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 14); López-Aydillo (1914: 38); De las Casas (1928: 27-28); Cidade (1941: 22); Seoane (1941: 32-33); Nemésio (1961 [1949]: 63); Fernández Pousa (1951: 19); Bernárdez (1952: 96); Nunes (1959: 385); Oliveira & Machado (1959: 87); Álvarez Blázquez (1975: 18-19); Torres (1977: 97); Correia (1978: 86); Reckert & Macedo (1980: 65); Fiúza (1981: 25-26); Alvar & Beltrán (1989: 152); Jensen (1992: 62); Delgado León (1996: 57); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 25); Magalhães (2007: 103); Alvar & Talens (2009: 396); Mongelli (2009: 99); Souto Cabo (2017: 64); Gutiérrez (2023: 97, 305).
1 fremosinha] fremosmha V 4 fremosinha] fremosmha V 11 Direi-vo-l’eu] Direyuꝯ leu B
(I) –Ai fermosiña, así ben teñades, lonxe da vila, a quen esperades?
–Vin esperar o meu amigo.
(II) –Ai fermosiña, así vos alegredes, lonxe da vila, a quen esperades?
–Vin esperar o meu amigo.
(III) –Lonxe da vila, a quen esperades?
–Diréivolo eu, xa que me preguntades: vin esperar o meu amigo.
(IV) –Lonxe da vila, a quen esperades?
–Diréivolo eu, xa que o non sabedes: vin esperar o meu amigo.
Esquema métrico: 4 x 9’a 9’a 7’B (= RM 26:96)
A vogal final -i de longi (tamén nos vv. 5, 7 e 10, e mais en 33.6, 323.7, 721.12, 800.5, 957.3, 966.9, 1032.24 e 1139.2, 5, 7 e 10), a convivir con longe, tamén aparece noutros adverbios tardi (véxase nota a 1008.16) e eiri (véxase nota a 114.9), talvez por influencia deste (Mariño Paz 2009: 83). Nos nomes só se rexistra sangui (véxase nota a 1410.17).
Esperar presenta sempre a forma asperar (tamén en 1184.10, 1205.20 e 23) –e desasperar (forma única no corpus das cantigas profanas)–, con disimilación e/ou vacilación es-/as-, coa única excepción de esperado en 1331.8.
O verbo gradoar ‘alegrarse, estar satisfeito, congratularse’, do lat. gratulāri, ten un uso limitado no corpus das cantigas: 100.2, 824.1, 896.18, 1065.28, 1139.4, 1174.13, 1268.1. Ausente da produción prosística (véxase CGPA, s.v.), só se rexistra unha vez nas Cantigas de Santa Maria:
Ond’avẽo pois assy que en Beja, u morava
un ome casado ben con sa moller que amava,
almoxerife del Rey era el, e confiava
muit[o] en Santa Maria; mais avia gran tristura
Porque non podi’aver fillo de que gradoasse
e que pos sa mort’en seu aver erdeiro ficasse (CSM 224.25).