I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 332); Indini (1978: 173 [= LPGP 166]); Cohen (2003: 368); Littera (2016: I, 159).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 256); Braga (1878: 139); Machado & Machado (1956: V, 209); Berardinelli (1985: 20); Camargo et alii (1992: 52).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 15); López-Aydillo (1914: 38); Fernández Pousa (1951: 20); Torres (1977: 98).
2 faledes ao] falades do V 5 faledes] falades B 7 guardades] guardedes B 8 falades] nō falades BV
1 vos] vus Indini 7 vos] vós Indini
(I) Filla fermosa, vede o que vos digo: que non faledes (de amor) ao voso amigo, sen min, ai filla fermosa!
(II) E se vós, filla, o meu amor queredes, rógovos eu que nunca lle faledes (de amor) sen min, ai filla fermosa!
(III) E niso hai algo máis de que vós non vos gardades: con iso perdedes todo canto lle falades (de amor) sen min, ai filla fermosa!
Esquema métrico: 3 x 10’a 10’a 7’B (= RM 26:84)
A semántica e a métrica indican que debe eliminarse o adverbio non (*perdedes i de quanto lhi non falades), elemento que por veces entra de forma adventicia nos textos, tal como confirma a hermenéutica destes e a lección manuscrita: A vs. B (198.r1, na estrofa I), B vs. V (808.10); outras veces, a pesar da coincidencia dos manuscritos BV, é obvio que non debe ser expunxido: 183.11, 801.13, 1229.18, 1261.15, 1492.9, 1495.15.