1150 [= RM 77,4]
A San Servand’, u ora van todas orar

A San Servand’, u ora van todas orar,
madre velida, por Deus, vin-vo-lo rogar:
que me leixedes ala ir
a San Servand’, e, se o meu amigo vir,
leda serei, por non mentir.
Pois mi dizen do meu amigo ca i ven,
madre velida e senhor, faredes ben
que me [leixedes ala ir
a San Servand’, e, se o meu amigo vir,
leda serei, por non mentir].
Pois todas i van de grado oraçon fazer,
madre velida, por Deus, venho-vo-lo dizer:
que me leixedes ala ir
[a San Servand’, e, se o meu amigo vir,
leda serei, por non mentir].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscritos


B 1147, V 739

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 337 [= LPGP 499]); Cohen (2003: 374); Littera (2016: I, 585).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 258); Braga (1878: 140); Machado & Machado (1956: V, 220); Camargo et alii (1990: 34); Burgazzi (2015: 34).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 304); Torres (1977: 463); Pena (1990: 137); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 120).

Variantes manuscritas


2 rogar] roguar BV   4 amigo] amiguo BV   12 Deus] des V

Variantes editoriais


2 rogar] roguar Nunes

Paráfrase


(I) A San Servando, onde van agora todas orar, madre belida, por Deus!, vínvolo rogar: que me deixedes ir alá, a San Servando, e, se vexo o meu amigo, leda serei, con certeza. 

(II) Xa que me din que o meu amigo alí vén, madre belida e señora, faredes ben en me deixar ir alá, a San Servando, e, se vexo o meu amigo, leda serei, con certeza.

(III) Pois todas van alí de grado facer oración, madre belida, por Deus!, véñovolo dicir: que me deixedes ir alá, a San Servando, e, se vexo o meu amigo, leda serei, con certeza.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 12a 12a 8B 12B 8B (= RM 42:3)

Encontros vocálicos: 11 grado‿oraçon

Notas


Texto
  • 1

    Talvez San Servando se refira á ermida de San Servando, sita no lugar de Pazos, parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.

  • 5

    A frecuente frase formularia por non mentir, que permite interpolar diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.), equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc.

  • 12

    Este verso é hipermétrico conforme foi transmitido polos dous apógrafos italianos, e como tal foi conservado por todos os editores.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado