1311 [= RM 38,4]
O vosso amigo, assi Deus m’empar

O vosso amigo, assi Deus m’empar,
vi, amiga, de vós muito queixar
das grandes coitas que lhe fostes dar
des que vós el vira
[p]olo seu mal; vós filhou por senhor,
e, amiga, sodes del pecador,
e diz que morte lhe foi voss’amor
des que vós el vira
polo seu mal, e queixou-se-m’ende,
ca el morre e de vós nunca atende
senon coitas que sofre por ende
des que vós el vira
grandes ........................................
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 

Manuscritos


B 1295, V 899

No Cancioneiro da Biblioteca Nacional parece haber o inicio dunha cuarta estrofa coa palabra Grandes, cunha cruz (+) colocciana no espazo en branco.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 451-452); Toriello (1976: 90 [= LPGP 278]); Cohen (2003: 528); Littera (2016: I, 295-296).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 306); Braga (1878: 168); Machado & Machado (1958: VI, 18); Cousillas Pena (2019: 54).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 54); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 66).

Variantes manuscritas


1 O] De B : D V    3 fostes dar] sfosts̄ dor dar B   5 [P]olo] < + >olo B : o (A) lo V; senhor] señ V   6 amiga] mi ga B   9 polo] O lo V   10 ca el morre] Cada noite B : cadmorre V; atende] arende V   11 sofre] fosse V

Variantes editoriais


1 vosso] voss’ Nunes   4 vós] vos Nunes, Toriello, Cohen, Littera; el vira] «el vira» Toriello   5 vós] vos Nunes, Toriello, Littera : <e> |vos| Cohen   8 vós] vos Nunes, Toriello, Cohen, Littera; el vira] «el vira» Toriello   10 morre e] morr’e Nunes; nunca] nunc’ Nunes   12 vós] vos Nunes, Toriello, Cohen, Littera; el vira] «el vira» Toriello

Paráfrase


(I) O voso amigo, así Deus me ampare, amiga, vin queixar moito de vós polas grandes coitas que lle fostes dar desde que vos el vira, (II) para o seu mal; a vós vos escolleu por señora e, amiga, sodes culpábel do seu sufrimento, e di que o voso amor lle foi como a morte desde que vos el vira (III) para o seu mal, e queixóuseme por iso, porque el morre e de vós non espera (recibir) máis que coitas que sofre por iso, desde que vos el vira (IV/1) grandes [...].

Métrica


Esquema métrico: 10a 10a 10a 5’B (I-II [= RM 11:7]) + 9’a 9’a 9’a 5’B (III [= RM 11:10])

Encontros vocálicos: 1 vossoamigo; 10 morree, nuncaatende

Notas


Texto
  • *

    Os diversos editores vacilaron na presentación da cantiga canto ao seu carácter de ateúda. Nunes estabelece con autonomía estrófica para a primeira cobra, e ligazón sintáctica nas estrofas II-III; nas edicións de Cohen e Littera a cantiga é ateúda, con ligazón sintáctica das tres estrofas, conseguida por medio de emendas ou con deficiente expresión sintáctica (véxase notas aos vv. 4-5 e 9). En calquera caso, a cantiga non foi incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

    Por outra parte, no refrán desta composición de Esquio, igual que en 1313, o trobador realiza un brillante xogo co equívoco el vira / Elvira, tal como foi estudado por Martínez Pereiro (2000).

  • 3

    Obviamente, o erro na copia de fostes por parte de B parte da confusión entre <ſ> e <f>, pola semellanza entre s alto e <f> (<ſfosts̄>/<ffosts̄>).

  • 4-5

    A actuación editorial de Cohen explícase pola necesidade de ligar sintacticamente as estrofas I-II de modo natural (véxase nota ao v. 9).

    Polo contrario, a edición de Littera respecta o texto de BV mais presenta unha moi deficiente sintaxe nos vv. 4-5:

    des que vós el vira
    [p]olo seu mal vos filhou por senhor,
    e, amiga, sodes del pecador.

  • 9

    Este verso presenta varias posibilidades de fixación, conforme decisións ecdóticas diverxentes condicionadas pola opción da independencia estrófica ou, alternativamente, pola ligazón sintáctica das estrofas.

    En primeiro lugar, Nunes edita o texto con ruptura estrófica e cunha conxunción expletiva, que xera unha sintaxe anómala no inicio da estrofa III:

    Polo seu mal, e queixou-se m’ende,
    ca el morr’e de vós nunc’atende
    se non coitas que sofre por ende,
    des que vos el vira.

    Toriello, pola súa parte, a partir da ruptura entre estrofas considera unha forma paragóxica como male que non é propia da cantiga de amor, pois este fenómeno fonético só se rexistra –moi limitadamente– en cantigas de amigo (véxase nota a 736.3-4):

    Polo seu male queixou-se-m’ende
    ca el morre e de vós nunca atende
    se non coytas que sofre por ende,
    des que vos “el vyra”.

    Condicionados pola ligazón entre estrofas (forzada, como vimos, nas dúas primeiras), Cohen (e Littera) continúan con naturalidade o discurso da estrofa II após intervir ecdoticamente no v. 5 (véxase nota):

    O vosso amigo, assi Deus m’ empar,
    vi, amiga, de vós muito queixar
    das grandes coitas que lhe fostes dar
    des que vos el vira

    <p>olo seu mal <e> |vos| filhou por senhor
    e, amiga, sodes del pecador,
    e diz que morte lhe foi voss’ amor
    des que vos el vira

    polo seu mal, e queixou se m’ ende,
    ca el morre e de vós nunca atende
    se non coitas que sofre por ende
    des que vos el vira.

    No entanto, e para alén de todas estas posibilidades, aínda se podería propor unha outra alternativa con ruptura sintáctica entre as estrofas (clara nas estrofas I e II), mentres que na estrofa III, coa puntuación axeitada e unha diferente interpretación do verso, pode manterse a autonomía estrófica ao interpretar <e> como a forma verbal é:

    Polo seu mal é: queixou-se-m’ende,
    ca el morre e de vós nunca atende
    senon coitas que sofre por ende
    des que vos el vira.

    No entanto, a proposta que presentamos parte do feito de considerar que a cantiga está formada por estrofas ateúdas para que sexa funcional o equívoco el vira / Elvira. Por outra banda, a sintaxe forzada pode resolverse coa consideración de vós tónico ao longo de toda a composición (que responde, alias, ao <uos> de BV). Deste xeito, no v. 5 vós inicia a cláusula como CD sen preposición, tal como no refrán, de modo similar a outros c0ntextos que achamos no corpus (cfr., por exemplo, o íncipit de UC 10: Min prês forçadament’Amor).

  • 10

    As variantes manuscritas son significativas, por canto a lección de B (<cada noite>) supón unha refacción textual que non ten sentido no contexto, en face da moito máis correcta lección de V, onde só existe o erro <d>/<el> de obvia explicación paleográfica e que se acha nalgunhas pasaxes do Cancioneiro da Vaticana: el-rei <elrey> B, <drey> V (487.9), ela <ela> B, <da> V (635.20), amarela <amarela> B, <amarda> V (1618.5).

  • 13

    Probabelmente o carácter de ateúda da cantiga se estenda á eventual estrofa IV indicada polo grandes de B (lémbrese o espazo en branco e a significativa +), adxectivo que se refiriría ás coitas do v. 11. Alén disto, corresponderíase coas grandes coitas a que Esquio alude na cantiga 1313 (...fora sofredor / de grandes coitas no seu coraçon, vv. 6-7), que ten evidentes relacións temáticas con esta.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado