I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 77-78); Blasco (1984: 223 [= LPGP 812-813]); Cohen (2003: 134); Marcenaro (2012b: 331); Littera (2016: II, 366).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 95); Braga (1878: 49); Machado & Machado (1952: III, 311); Fernández Pousa (1953: 3).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 77-78); Seoane (1941: 74); Fernández Pousa (1951: 57); Piccolo (1951: 114); Alonso & Blecua (1969 [1956]: 129-130); Nunes (1959: 322); Torres (1977: 122); Ferreira (1988: 82); Ferreira (1991: 79); Jensen (1992: 320); Diogo (1998: 87-88).
2 amigo] amige BV 7 u ir] oyr BV
1 vos] vus Blasco 2 amigo] amig[o] Blasco 7 u ir avia] oyr a vya Blasco 8 mais] máis Marcenaro
(I) Ai, madre, ben vos digo: mentiume o meu amigo, estou irada con el.
(II) Aquilo que me xurou, incumpriuno gostosamente despois, estou irada con el.
(III) Non foi a onde había de ir, mais xusto desde ese día estou irada con el.
(IV) Non se foi lonxe de min, mais, porque me mentiu, estou irada con el.
Esquema métrico: 4 x 6’a 6’a 5B (= RM 26:128)
Encontros vocálicos: 2 -mi‿o; 4 mi‿ouve; 11 mi‿á
Só Blasco mantén a lección dos manuscritos, que obriga a unha artificiosa interpretación do verso: «Nous adoptons la leçon des manuscrits, en entendant, comme l’indique Machado: Non foi ouvir à via. Le jeune fille reproche à son ami de ne pas être restè à l’écoute de la route, lieu du rendez-vous».
Na realidade, coidamos que se produciu un erro <u>/<o>, que se rexistra en múltiplos contextos nas leccións dos apógrafos italianos.
Marcenaro fixa erradamente un adverbio máis sen sentido no contexto, que, por outra parte, rompería a simetría co mais adversativo do v. 11 (véxase, ademais, como, fronte ao adverbio fixado no texto, Marcenaro traduce a estrofa: «Non andò dove doveva, ma proprio da quel giorno...»).