670 [= Tav 74,5]
Par Deus, donas, quando veer

Par Deus, donas, quando veer
meu amig’e migo falar,
nunca no mund’, a meu cuidar,
foi outra tan leda molher
com’eu serei des que o vir,
mais pero triste serei [...]
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 655, V 256

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 82); Tavani (1988a: 252 [= LPGP 484]); Cohen (2003: 140); Littera (2016: I, 568).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 96); Braga (1878: 50); Machado & Machado (1952: III, 321).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 108).

Variantes manuscritas


3 no] nō B (co til riscado); cuidar] cnydar B : euydar V

Variantes editoriais


6 pero triste serei] pero [eu] triste sever Nunes : mais pero triste serei <d’ir> Cohen

Paráfrase


(I) Por Deus, donas, cando viñer o meu amigo e comigo falar, nunca no mundo –é o meu parecer– existiu unha muller tan feliz como eu serei despois de o ver, aínda que estarei triste [...]

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8c 8c [...]

Notas


Texto
  • *

    A interrupción na copia do v. 6 indica o máis que posíbel carácter fragmentario da cantiga, coa moi probábel ausencia de unha sílaba final no último verso. Rip Cohen, apoiándose nun probábel esquema abbaCC e en que encontra un contexto parecido en Martin de Padrozelos, completa o verso con d’ir, que non acaba de encaixar do punto de vista expresivo.

  • 6

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), nesta fragmentaria cantiga semella que mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘non obstante, porén, a pesar de’.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado