En BV o texto aparece disposto en versos curtos. En V esta cantiga fragmentaria aparece disposta como a primeira estrofa da cantiga seguinte (nº 707).
I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 113 [= LPGP 536]); Cohen (2003: 176); Littera (2016: I, 615).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 117); Braga (1878: 56); Machado & Machado (1952: III, 366).
III. Antoloxías: Torres (1977: 182).
2 e do que] es V
En Nunes os vv. 1-2 divídense en cinco versos (7’ 8 7’ 8 7’), que foron integrados como inicio da cantiga 707.
2 soo] sõo Nunes, Cohen, Littera
(I) Fermosas, Deus sexa louvado, polo ben tan grande que hoxe teño e polo que estou máis leda, pois todo canto eu desexei vin cando vin o meu amigo.
Esquema métrico: 16a 16a 7’b (= RM 26:6)
A cantiga é incompleta. Neste sentido, o terceiro verso probabelmente constitúa o refrán da estrofa.
A frase formularia a Deus louvado ~ loado (tamén en 61.14, 374.3, 1372.5, 1440.14, 1585.18), xunto con loado a Deus (1596.3), é equivalente de graças a Deus (só en 1530.23).
Igual que acontece con oir ~ ouvir (véxase nota a 334.4), loar (< laudāre) é a solución xeral (cfr. nota a 496.17) no corpus trobadoresco, mais atéstase tamén a evolución alternativa louvar con ditongo inicial e posterior epéntese consonántica (véxase Ferreiro 1999: §§23b, 135b.1). Véxase tamén 618.10, 1171.7, 1372.5, 1506.2, 1520.6.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: