718 [= Tav 40,4]
Ir quer’oj’eu, madre, se vos prouguer

Ir quer’oj’eu, madre, se vos prouguer,
u é meu amig’e, se o poder
veer,
veerei [i] mui gran prazer.
Gran sazon á, madre, que o non vi,
mais, pois mi Deus guisa de o ir [i]
veer,
veerei i mui [gran prazer].
 
 
 
 
5
 
 
 

Manuscritos


B 703, V 304

En BV <ueer> aparece copiado como palabra final do segundo verso de cada estrofa.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 123 [= LPGP 282-283]); Cohen (2003: 188); González Martínez (2012: 161); Littera (2016: I, 307).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 123); Braga (1878: 58); Machado & Machado (1952: III, 383).

Variantes manuscritas


1 prouguer] proguer V   6 guisa] grisa V

Variantes editoriais


A disposición métrica da cantiga en Nunes e González Martínez é diferente: Nunes incorpora veer ao final do v. 2 e do v. 5; a editora galega e mais Littera incorporan veer ao refrán (monoversal).

1-3 poder / veer, / veerei [i] mui gran prazer] poder veer / veerei mui gram prazer Nunes : poder / veer, veerei mui gran prazer González Martínez : poder / veer, veerei [i] mui gram prazer Littera   6-7 ir [i] / veer, / veerei [i]] ir veer / veerei Nunes : ir [i] / veer, veerei González Martínez : ir [i] / veer, veerei i Littera

Paráfrase


(I) Ir quero eu hoxe, madre, se vos parece ben, a onde está o meu amigo e, se o puider ver, verei un gran pracer.

(II) Hai moito tempo, madre, que o non vin, mais, pois Deus me dá ocasión de o ir alí ver, verei un gran pracer.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 2C 8C

Notas


Texto
  • *

    O esquema métrico da cantiga foi estabelecido por Cohen, fronte á incorrecta edición de Nunes, que anula as rimas en -ɛɾ coa incorporación sistemática de veer (con rima -eɾ) ao segundo verso da cobra. Pola súa parte, González Martínez optou por un único verso para o refrán, cun esquema 10a 10a 9B (pola exclusión do adverbio i: veer, veerei mui gran prazer), estrutura presente, por exemplo, na composición 682 de Joan Perez d’Avoin; polo contrario, en Littera nivélase metricamente este único verso coa reintegración de i na primeira ocorrencia do refrán (veer, veerei i mui gram prazer).
    En calquera caso, o esquema proposto por Cohen para esta composición lembra o utilizado por Calheiros nas cantigas 642 e 643, onde o refrán está formado por dous versos, un deles tamén bisilábico.

  • 6

    A rima e a medida solicitan de novo a reintegración do adverbio i en posición final, tal como acontece, por exemplo, nunha cantiga de Rodriguez Tenoiro (367.2):
              Se eu podess’ir u mia senhor é,
              ben vos juro que querria ir [i];
              mais non posso nen xi me guisa assi,
              e, por aquest’, ora, per boa fe, / ...

Buscar
    Non se atopou ningún resultado