I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 236-237); Tavani (1993 [1963]: 119 [= LPGP 121-122]); Cohen (2003: 318); Littera (2016: I, 129).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 170-171); Braga (1878: 87-88); Machado & Machado (1953: IV, 211-212); Fernández Pousa (1954: 28).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 31-32); Seoane (1941: 22-23); Piccolo (1951: 136-137); Nunes (1959: 385-386); Álvarez Blázquez (1975: 23-24); Beltrán (1987: 55-56); Pena (1990: 184-185); Ferreira (1991: 92); Jensen (1992: 32); Alonso Girgado (1992: 26); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 22); Gutiérrez (2023: 55).
3 madre] mi dre V 4 ũa] h ua B 5 muito] meyto V; vos] uos BV 6 ben] bēm B 7 vos] uos BV; filha] falha V 8 ben] vē B 9 dizedes] dicedes BV 10 entendo] entende V 15 eu] a\u/(y) V 16 mai[s pero] entendo] May <......> entendo B : may entendo V 17 pagada] pagata V 18 pois] poys / Poys B 19 Santa] sc̄a B : sancta V; Maria] Mwria B 20 vos] uos BV 21 Bailarei eu, madre] Vayrey eu mad’ B 23 en] <...> B : ē V
En Nunes non se considera a existencia de refrán intercalar (v. 4).
1 bailade, oje] bailad’oj’ Nunes 2 moit’] muit’ Nunes 3 me vós mandades] mi-o vos mandades Nunes 4 de vós] que vos Tavani 5 muito] moito Littera 6 baile] bail’ Nunes 9 dizedes] dicedes Tavani 12 pois que me mandades] pois me vós mandades Nunes, Littera : pois me [vós] mandades Cohen; baile] bail’ Nunes 17 moi] mui Nunes, Tavani 18 baile] bail’ Nunes 19 Santa] Sancta Tavani 23 en] de Nunes 24 pois que me mandades] pois me vós mandades Nunes, Littera : pois me [vós mandades] Cohen; baile] bail’ Nunes
(I) –Bailade hoxe, ai filla, así teñades pracer, ante o voso amigo, que vós tanto amades.
–Bailarei eu, madre, xa que me mandades, porén, entendo unha cousa de vós: que vos alegrades moito de que el viva pouco, pois me vós mandades que baile ben ante el.
(II) –Rógovos, ai filla, por Deus, que bailedes ante o voso amigo, pois sodes fermosa.
–Bailarei eu, madre, xa que mo dicides, porén, entendo unha cousa de vós: que tendes gran gusto en que el viva pouco, pois que me mandades que baile ben ante el.
(III) –Por Deus, ai miña filla, facede a bailada, ante o voso amigo, baixo a milgranda.
–Bailarei eu, madre, esta vez, porén, entendo unha cousa de vós: que vos satisfai moito que el viva pouco, pois que me mandades que baile ben ante el.
(IV) –Bailade hoxe, ai filla, por Santa María, ante o voso amigo, que vos quería ben.
–Bailarei eu, madre, por vós de todos os modos, porén, entendo unha cousa de vós: porfiades en que el viva pouco, pois que me mandades que baile ben ante el.
Esquema métrico: 4 x 11’a 11’a 11’a 11B 11’a 11B (= RM 13:5)
Encontros vocálicos: 1 Bailade,‿oje,‿ai; 6 baile‿ant’; 9 mi͜-o; 12 baile‿ant’; 14 so‿a; 18 baile‿ant’; 19 Bailade,‿oj’; 24 baile‿ant’
Aínda que moito (véxase tamén moi no v. 17) é forma minoritaria en relación a muito (rexístrase tamén en 5.16, 26.9, 919.12), o texto de Nunes indica claramente como o proceso de lusitanización en moitas edicións da lírica profana galego-portuguesa chegou a modificar as propias leccións dos manuscritos. A este respecto, convén indicar que, para alén dunha importante presenza de moi ~ moito nos textos medievais xerados no territorio galego, estas formas encóntranse tamén en textos portugueses de diferente teor. Véxase, só como mostra, a forma moito ~ moyto en obras diversas, como o Livro de Linhagens do Conde D. Pedro (Mattoso 1980: I, 277, 278, 298 etc.), a Crónica de 1344 (Cintra 1952-1990: IV, 174) ou o tardío Tratado de Confisson (Machado 2003-2013: 51, 56, 59, 61, 62, 64, 65 etc.).
Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 11.5, 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.
A lección de V suxire unha forma moito (véxase v. 2) polo frecuente erro <o>/<e> nos apógrafos italianos.
No refrán das estrofas II (v. 12) e IV (v. 24) –na estrofa III está abreviado–, o trobador introduce unha variación que non foi respectada nas edicións de Nunes, Cohen e Littera, que nivelaron o texto: pois me vós mandades que baile ant’el ben vs. pois que me mandades que baile ant’el ben.
Eis un dos escasos rexistros da voz bailada, que só se rexistra noutras dúas cantigas. Véxase nota a 2.16.
A forma milgranada, como outras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo, mostra a conservación de -n- intervocálico (louçana, Granada, avelana, venia etc.), sen dúbida como ornato (arcaizante) propio deste xénero (véxase Ferreiro 2008b), aínda que pode moi esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).
A presenza do arcaísmo fai máis evidente a ausencia da solución so-la, que tamén ten ese carácter nas cantigas de amigo: neste caso é a necesidade da sinalefa a que condiciona a aparición de so‿a milgranada.
Nótese o erro na copia de V, <pagata>, que reaparece tamén en 828.12 (<pagato>pagado), talvez un italianismo do copista do Cancioneiro da Vaticana.