994 [= RM 155,8]
Pouco vos nembra, mia sennor

Pouco vos nembra, mia sennor,
quant’afan eu por vós levei
e quanta coita por vós ei
e quanto mal me faz Amor
por vós, e non me creedes
mia coita nen me valedes.
E, sennor, ja perdi o sén
cuidand’en vós, e o dormir,
con gran coita de vos servir,
e outro mal muito me ven
por vós, e non me creedes
[mia coita nen me valedes].
Por vós me vẽo muito mal
des aquel di’en que vos vi
e vos amei e vos servi,
vivend’en gran coita mortal
por vós, e non m[e] c[reedes
mia coita nen me valedes].
E desmesura fazedes,
que vos de mí non doedes.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 300, B 991, V 579

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 600 [= LPGP 974-975]); Littera (2016: II, 550).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 208); Braga (1878: 111); Carter (2007 [1941]: 175-176); Machado & Machado (1953: IV, 380); Arbor Aldea (2016b).

Variantes manuscritas


1 Pouco vos] ouco uos A   4 me] mi BV   5 me] mj B : mi V   6 me] mj B : mi V   8 e] et A; o] om. V   9 vos] uos A   10 e] et A; me] mj B : mi V; ven] nen B   11 me] mi BV   13 me] mj B : mi V   14 di’en] dia BV; vos] uos A   15 e vos] et uos A; vos] uos A   16 viv’end’en] Vyuendara B : uyuēdam V   20 vos] uos A; mí] mj̄ B : min V

Variantes editoriais


1 vos] vos Michaëlis1   2 afan] afã Littera   9 vos] vos Michaëlis   10 e] et Michaëlis   13 vẽo] veo Littera   14 di’en] dia ‘m Littera; vos] vos Michaëlis   15 vos ... vos] vos ... vos Michaëlis   20 vos] vos Michaëlis

Paráfrase


(I) Pouco vos lembra, miña señora, canto afán eu por vós levei e canta coita teño por vós e canto mal me fai Amor por vós, e non me credes a miña coita nin me socorredes.
(II) E, señora, xa perdín o siso pensando en vós, e (perdín) o sono, por causa da gran coita de vos servir, e outro moito mal me vén por vós, e non me credes a miña coita nin me socorredes.
(III) Por vós me vén o moito mal desde aquel día en que vos vin e vos amei e vos servín, vivindo en gran coita mortal por vós, e non me credes a miña coita nin me socorredes.
(1) E cometedes unha falta de mesura, porque non tendes dó de min.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 7’C 7’C (= Tav 160:406) + 7’c 7’c

Notas


Texto
  • 8

    A grafía <et>, de presenza esporádica ao longo dos cancioneiros apógrafos italianos, nomeadamente no Cancioneiro da Vaticana, só ten unha moi limitada presenza no Cancioneiro da Ajuda, con dous rexistros no seu inicio (65 [A2, B92], v. 7; 82 [A16, B109], v. 3) e unha presenza máis maciza na parte final do cancioneiro: 1236 [A283, B1220, V825], v. 10; 982 [A289, B980, V567], v. 12; 997 [A 293, B 993bis, V 582], v. 3; 999 [A295, B995, V584], vv. 2 e 9; 1000 [A296, B996, V585], vv. 2, 7, 15 e 16; 994 [A300, B991, V579], vv. 8, 10 e 15; 996 [A301, B993, V581], v. 6; 894 [A302], v. 4; 896 [A304], v. 15. Na realidade, esta grafía para a copulativa debe ser posta en relación con outras grafías ou formas latinizantes que se detectan ao longo do corpus (véxase nota a 63.2).

  • 16

    Sería posíbel optar por unha segmentación alternativa neste verso, de modo que do punto de vista semántico a pasaxe continúa a funcionar perfectamente:

    des aquel di’en que vos vi
    e vos amei e vos servi:
    viv’end’en gran coita mortal / ...

    Porén, a plica que se percibe no Cancioneiro da Ajuda marcando a crase vocálica aconsella seguir o texto proposto xa por Carolina Michaëlis.

  1. ^

    Téñase en conta que vos en Michaëlis equivale á forma tónica vós (fronte a vus, a forma átona nesta editora).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado