1203 [= Tav 134,1]
Ai cervos do monte, vin-vos preguntar

Ai cervos do monte, vin-vos preguntar:
foi-s’o meu amig’e, se ala tardar,
que farei, velida?
Ai cervos do monte, vin-vo-lo dizer:
foi-s’o meu amig’e querria saber
que farei, velida.
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 1187, V 792

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 374-375); Méndez Ferrín (1966: 154 [= LPGP 871]); Azevedo Filho (1995 [1974]: 58); Cohena (2003: 420); Cohenb (2014 [2013]: 36); Littera (2016: II, 412).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 272); Braga (1878: 149); Bell (1922: 259); Machado & Machado (1956: V, 286-287); Montero Santalha (2004); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 81).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 49); De las Casas (1928: 43); Cidade (1941: 4); Seoane (1941: 46-47); Nemésio (1961 [1949]: 177); Nunes (1959: 372); Álvarez Blázquez (1975: 213); Torres (1977: 358); Reckert & Macedo (1980: 99); Beltrán (1987: 76); Dobarro Paz et alii (1987: 97); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 215); Diogo (1998: 238); Morán (1999: 63); [Morán] (2001: 74); Souto Cabo (2017: 232).

Variantes manuscritas


1 do] de BV   3 velida] uelidas BV   4 cervos] reruos B   5 querria] q̅iria B   6 farei] faria BV; velida] velidas : uelidas V

Variantes editoriais


1 cervos] cervas Nunes, Cohena, Cohenb   3 velida] velidas Nunes, Méndez Ferrín, Azevedo Filho   4 cervos] cervas Nunes, Cohena, Cohenb, Littera   6 farei] faria Azevedo Filho; velida] velidas Nunes, Méndez Ferrín, Azevedo Filho

Paráfrase


(I) Ai cervos do monte, vinvos preguntar: foise o meu amigo e, se tarda alá, que farei, fermosa?

(II) Ai cervos do monte, vínvolo dicir: foise o meu amigo e quería saber que farei, fermosa.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 11a 11a 5’B (= Tav 26:60)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga de Pero Meogo presenta algúns problemas editoriais. Os diversos editores abalaron entre a conservación das leccións orixinais e a acomodación textual á lectura e interpretación que cada proposta crítica ofrece.

    Para alén da mudanza farei/faria no refrán, o problema fundamental na cantiga reside na cuestión da identificación do interlocutor do poema: cervos (segundo os manuscritos) ou cervas, para concordar en xénero e número co velidas transmitido por BV no refrán.

  • 3

    O texto de BV obriga a resolver a aparente falta de concordancia de xénero entre o substantivo masculino cervos (vv. 1, 4) e o epíteto feminino velidas do refrán que envían os manuscritos, considerando que este segundo elemento non fai referencia ao primeiro. O erro encóntrase no plural velidas do refrán, que deberá ser emendado para o singular, xa que estariamos ante unha pregunta retórica que formula a moza namorada perante a incerteza sobre o que vai ser dela agora que o amigo se vai.

    Na obra de Joan Soarez Coelho rexístranse contextos moi semellantes; así no refrán da cantiga 705 [B 690, V 292], a primeira estrofa lembra moi de perto a cantiga de Pero Meogo:

    Ai, Deus, a vo-lo digo:
    foi-s’ora o meu amigo,
    e se o verei, velida?

    Véxase, especialmente, a cantiga 694 [B 679, V 281], onde o termo empregado é o sinónimo louçãa:

    Foi-s’o meu amigo d’aqui noutro dia
    coitad’e sanhud’, e non soub’eu ca s’ia;
    mais, ja que o sei, e por Santa Maria,
    e que farei eu, louçãa?

  • 6

    Interpretamos <faria> como un lapso de copia a pesar de que na antiga poesía popular ou popularizante é frecuente este tipo de alternancia expresiva; neste caso optamos por regularizar para manter a métrica (cfr., non obstante, a variación passou/passa na repetición paralelística na cantiga 1204, vv. 8 e 14).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado