657 [= RM 106,5]
Aqui vej’eu, filha, o voss’amigo

Aqui vej’eu, filha, o voss’amigo,
o por que vós baralhades migo,
delgada.
Aqui vejo, filha, o que amades,
o por que vós migo baralhades,
delgada.
[O] por que vós baralhades migo
quero-lh’eu ben, pois é voss’amigo,
delgada.
O por que vós migo baralhades
quero-lh’eu ben, poi-lo vós amades,
delgada.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 642, V 243

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 72-73 [= LPGP 685-686]); Sodré (1998: 78); Cohen (2003: 127); Pousada Cruz (2013: 250); Littera (II, 186).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 93); Braga (1878: 48); Machado & Machado (1952: III, 303-304); Camargo et alii (1995: 38-39).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 48-49); Nunes (1959: 367); Álvarez Blázquez (1975: 65); Torres (1977: 519); Alvar & Beltrán (1989: 359); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 174).

Variantes manuscritas


4 filha] filhi V   5 migo] mizo V   7 baralhades] haralhades V   8 quero] q̄ to V; é] a V

Paráfrase


(I) Vexo eu aquí, filla, o voso amigo, (aquel) por quen vós discutides comigo, delgada.

(II) Aquí vexo, filla, o que amades, (aquel) por quen vós comigo pelexades, delgada.

(III) Aquel por quen vós discutides comigo, quérolle eu ben, pois é o voso amigo, delgada.

(IV) Aquel por quen vós comigo pelexades, quérolle eu ben, pois vós o amades, delgada.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 9’a 9’a 2’B (= RM 26:102)

Encontros vocálicos: 1 filha,o; 4 filha,o

Notas


Texto
  • 3

    O cualificativo delgada como positiva adxectivación da amiga lembra a sennor do corpo delgado, de Pero da Ponte (985.1), ou o corpo delgado de Martin Codax (1300.5, 7). En calquera caso, do punto de vista semántico delgado envolve tamén o sentido orixinario do lat. delicatum ‘que agrada aos sentidos, delicioso, elegante, voluptuoso’.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado