I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 323 [= LPGP 806]); Cohen (2003: 356); Littera (2016: II, 336).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 254); Braga (1878: 138); Machado & Machado (1956: V, 194).
3 per] por V
En Nunes e Cohen non se considera existencia de refrán.
2 ben] [mui] ben Nunes 3 que non foi per vosso mal] que, [se eu mi-o fiz], non foi por vosso mal Nunes; per] por Cohen 4 boa] bõa Cohen, Littera
(I) Asañeime contra vós, amigo, o outro dia, mais ben o sabe agora Santa María que non foi por vos causar mal: abofé, meu amigo, foi por outra cousa.
Esquema métrico: 11’a 11’a 7b 11b (= RM 37:33)
Encontros vocálicos: 2 ma·is
Este texto debe ser un fragmento dunha cantiga máis ampla. Atendendo ás indicacións de B (a marca colocciana de refrán, a maiúscula inicial e a nota tornel), estabelecemos a existencia de refrán nesta composición incompleta.
A contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c) escusa calquera intervención no texto do verso, cal a reintegración de mui realizada por Nunes (nótese tamén a observación de Cohen: “it is difficult to judge where a syllable has been lost”).
Santa Maria, que tamén aparece nas cantigas 1133 e 1134, talvez aluda a unha ermida en Ver, no concello lugués de Bóveda (Galiza), aínda que tamén podería corresponder a outros lugares denominados Ver no territorio galego-portugués. Cfr. nota a 1131.4.
Obsérvese a intervención editorial de Nunes, que procura um verso de medida similar á dos tres restantes: tal emenda non pode xustificarse ao carecermos doutras estrofas da cantiga.