1112 [= RM 51,2]
Dizen-mi ora que nulha ren non sei

Dizen-mi ora que nulha ren non sei
d’ome coitado de coita d’amor;
e desta coita soo sabedor
por aquesto que vos ora direi:
pela mia coita entend’eu mui ben
quen á coita d’amor e que lh’aven.
Á desejos e mui pouco prazer,
ca ‘ssi fiz eu, mui gran sazon á ja,
por ũa dona que mi coita dá;
e por aquesto vos venho dizer:
pela mia coita [entend’eu mui ben
quen á coita d’amor e que lh’aven].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1111, V 701

Despois da copia da cantiga, en BV fica espazo en branco para máis dúas estrofas (aparentemente sinaladas con + por Colocci en B).

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 492 [= LPGP 340]); Littera (2016: I, 383).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 247); Braga (1878: 134); Machado & Machado (1956: V, 160).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 78).

Variantes manuscritas


2 coitado] coytando B   5 pela] pel(h)a V   6 quen] o uen V   7 Á] E V   8 ca ‘ssi] Ca assy B : ca assy V; gran] g̃ra B   10 venho] uenho(i) B

Variantes editoriais


8 ca ‘ssi] c(a) assi Nunes : ca assi Zilli

Paráfrase


(I) Dinme agora que eu non sei nada do que é un home coitado por coita de amor; mais son coñecedor desta coita, por isto que agora vos direi: pola miña coita entendo eu moi ben quen sofre coita de amor e o que lle acontece.

(II) Ten desexos e moi pouco pracer, pois así fixen eu hai xa moito tempo por unha muller que me causa sufrimento; e por isto vos veño dicir: pola miña coita entendo eu moi ben quen sofre coita de amor e o que lle acontece.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:67)

Encontros vocálicos: 1 -miora

Notas


Texto
  • *

    Temos de considerar a alta probabilidade de estarmos perante unha composición transmitida só parcialmente, por causa do espazo en branco no manuscrito para máis dúas estrofas.

  • 8

    Tal como BV achegan o texto do verso, coa lección <Ca assy> B, <ca assy> V, este sería hipermétrico: moi probabelmente o texto dos apógrafos é produto dun lapso de copia, como mostra a mesma construción en diversas pasaxes do corpus, sen que exista coa forma plena do adverbio: ca ‘ssi fig’eu ... (321.15, 1022.r2).

     

Buscar
    Non se atopou ningún resultado