157 [= RM 109,3]
En que grave dia, senhor, que me vos Deus fez veer

En que grave dia, senhor, que me vos Deus fez veer,
ca nunca vos eu ren roguei que vós quisessedes fazer!
Pois que vós avedes, senhor,
tan gran sabor de me matar,
rogar quer’eu Nostro Senhor
que vo-lo leix’acabar.
Pois entendo que vos praz, senhor fremosa, d’eu morrer,
quer’eu rogar Nostro Senhor que me non leixe máis viver.
Pois que vós [avedes, senhor,
tan gran sabor de me matar,
rogar quer’eu Nostro Senhor
que vo-lo leix’acabar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 181

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 792 [= LPGP 699]); Littera (2016: II, 197-198).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 74); Machado & Machado (1949: I, 276-277); Muriano Rodríguez (1996: 47); Rios Milhám (2017: I, 157).

Variantes manuscritas


2 nunca] uūca B   6 vo-lo] (ul) uolo B   7 morrer] moirer B   9 vós] (uos) uos B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis   2 vos] vus Michaëlis   7 [E]] om. Michaëlis; vos praz] vus praz[er] Michaëlis   9-12 Pois que vos ... Michaëlis

Paráfrase


(I) En aciago día, señora, me vos fixo Deus ver, pois nunca vos eu roguei nada que vós quixésedes facer! Xa que vós tendes, señora, tan gran desexo de me matar, eu rogar quero a Noso Señor que volo deixe levar a cabo.

(II) Porque entendo que vos prace, señora fermosa, que eu morra, quero eu rogar a Noso Señor que me non deixe máis vivir. Xa que vós tendes, señora, tan gran desexo de me matar, eu rogar quero a Noso Señor que volo deixe levar a cabo.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 15a 16a 8B 8C 8B 7C (= RM 50:1)

Notas


Texto
  • *

    Por carecer da marca colocciana de refrán, Michaëlis non foi consciente da existencia do estribillo, de modo que, para alén de estruturar a cantiga en versos octosilábicos, considerou que esta é incompleta, faltando, ademais os vv. 10-13 na súa edición.
    Por outra parte, respectamos a anisometría versal que combina versos de 15+16 na cobra con versos de 8+7 no refrán, de modo que se este se dispuxese en versos longos, formaría unha estrutura perfectamente simétrica e quiasmática: 15a 16a 16B 15B.
    Nunha edición que procurase a isometría versal, sería posíbel reintegrar a forma verbal fez[o] (véxase nota a 53.16). Algo similar se podería estabelecer no cuarto verso do refrán (leix[e] acabar), o mesmo que no v. 7, coa eventual reintegración da copulativa inicial de estrofa (cfr. nota a 42.15) na procura da homexeneidade métrica.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado