I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 447 [= LPGP 434]); Cohen (2003: 523); Littera (2016: I, 501).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 304); Braga (1878: 167); Machado & Machado (1958: VI, 11); García (2001: 52); Montero Santalha (2004); Vázquez García (2016: 168).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 99-100); De la Iglesia (1886: II, 149-150); Seoane (1941: 129-130); Fernández Pousa (1951: 46); Nunes (1959: 309); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 107-109); Spina (1972: 354); Álvarez Blázquez (1975: 149); Landeira Yrago (1975: 166); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 96).
1 Foi] Fui V; amigo] amigue B : amiguo V 3 morria] moiria B 6 desejei] sedeiey B 7 morria] moiria B 9 vi] (mi)\vi/ B; perdon] pardō B 10 diss[e] enton] disseron V 11 jurou] uirou V
En Nunes os vv. 1-2 de cada estrofa divídense en versos heptasílabos graves e/ou octosílabos agudos.
1 Foi] Fui Nunes, Cohen, Littera 10 m’el diss[e] enton] m’el diss’enton Nunes : m’ el<e> diss’enton Cohen
(I) Fun eu, madre, en romaría a Faro co meu amigo e del veño namorada por canto falou comigo, pois xuroume que morría por min, tanto me quería!
(II) Leda veño da ermida e desta vez estarei leda, porque falei co meu amigo, que sempre desexei moito, pois xuroume que morría por min, tanto me quería!
(III) De onde me vin co meu amigo vin leda, así Deus me perdoe, porque nunca penso mentirlle por todo o que me dixo daquela, pois xuroume que morría por min, tanto me quería!
Esquema métrico: 3 x 15’a 15’a 7’B 7’B (I [= RM 37:15]) + 16a 16a 7’B 7’B (II-III [= RM 37:4])
Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer –e de ir– (cfr. fui en V), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso : a pesar de que, normalmente, se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), debido á acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece de modo esporádico como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).
Faro refírese á ermida de Santa María do Faro, en Chantada, Lugo.
Emendamos a forma *pardon (<pardō>) de B, lección exclusiva (errada face a perdon, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85). De feito, das case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b; 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).