1001 [= RM 155,7]
Porque non ous’a mia sennor dizer

Porque non ous’a mia sennor dizer
a mui gran coita do meu coraçon
que ei por ela, se Deus me perdon,
veed’a coit’en que ei a viver:
ond’eu atendo ben, me ven gran mal,
e quen me dev’a valer non me val.
Non me val ela, que eu sempr’amei,
nen seu amor, que me forçado ten,
que me tolleu o dormir e o sén;
ora veed’a coita que eu ei:
ond’eu atendo ben, m[e ven gran mal,
e quen me dev’a valer, non me val].
Nen me val Deus nen me val mia sennor,
nen qual ben ll’eu quero des que a vi,
nen meus amigos nen me valen i:
ai eu, cativo, coitado d’amor,
ond’eu atendo b[en], m[e ven gran mal,
e quen me dev’a valer, non me val!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 297, B 997, V 586

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 595 [= LPGP 974]); Littera (2016: II, 548-549).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 210); Braga (1878: 112-113); Carter (2007 [1941]: 174); Machado & Machado (1953: IV, 389); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 868-869).

Variantes manuscritas


1 Porque] or que A   2 coraçon] coracon B : rrazon V   3 me] mj B : mi V   4 veed’a coit’en] Veda coytam B : ueda coytam V   5 me] mj B : mi V   6 me] mj B : mi V; dev’a valer] deui aualer A; me] mj B : mi V   7 me] mj B : mi V   8 me forçado] meu forzado V; ten] rē B   9 me] mj B : mi V   13 Nen me] Non mj B : Non mi V; me] mj B : mi V   14 qual] q̄l V   15 amigos] amigus V; nen me] nõmj B : nō mi V   16 cativo, coitado] catiuē coyta B : catiuē coita V

Variantes editoriais


6 dev’a valer] devi’a valer Michaëlis   12 dev’a valer] devi’a valer Michaëlis   15 nen] non Michaëlis : nom Littera   16 cativo, coitado] cativ’e coitado Littera   18 dev’a valer] devi’a valer Michaëlis

Paráfrase


(I) Porque non ouso dicirlle á miña señora a coita moi grande do meu corazón que por ela sufro, que Deus me perdoe, vede a coita en que teño de vivir: de onde eu espero ben, vénme un gran mal, e quen me debe auxiliar non me auxilia.
(II) Non me auxilia ela, que eu sempre amei, nin o seu amor, que me ten forzado, que me privou do sono e da razón; ora vede a coita que eu teño: de onde eu espero ben, vénme un gran mal, e quen me debe auxiliar non me auxilia.
(III) Nin me vale Deus nin me vale a miña señora, nin o moito que a amo desde que a vin, nin os meus amigos me auxilian nese asunto: ai de min, infeliz, aflixido de amor, de onde eu espero ben, vénme un gran mal, e quen me debe auxiliar non me auxilia.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:241)

Notas


Texto
  • 6

    Por máis que Michaëlis mantivese a lección de A, o seu carácter hipermétrico (devi’a valer) semella indicar a presenza dun erro de copia e fai que se deba seleccionar o texto subministrado polos cancioneiros italianos, que mantén a isometría versal (dev’a valer). Non obstante, sería posíbel manter o texto de A cunha segmentación alternativa dev’ia valer, similar a dev’i a seer (475.11).

  • 15

    A lección <amigus>, coa terminación gráfica -us, é relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana. Na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado