I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 595 [= LPGP 974]); Littera (2016: II, 548-549).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 210); Braga (1878: 112-113); Carter (2007 [1941]: 174); Machado & Machado (1953: IV, 389); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 868-869).
1 Porque] or que A 2 coraçon] coracon B : rrazon V 3 me] mj B : mi V 4 veed’a coit’en] Veda coytam B : ueda coytam V 5 me] mj B : mi V 6 me] mj B : mi V; dev’a valer] deui aualer A; me] mj B : mi V 7 me] mj B : mi V 8 me forçado] meu forzado V; ten] rē B 9 me] mj B : mi V 13 Nen me] Non mj B : Non mi V; me] mj B : mi V 14 qual] q̄l V 15 amigos] amigus V; nen me] nõmj B : nō mi V 16 cativo, coitado] catiuē coyta B : catiuē coita V
6 dev’a valer] devi’a valer Michaëlis 12 dev’a valer] devi’a valer Michaëlis 15 nen] non Michaëlis : nom Littera 16 cativo, coitado] cativ’e coitado Littera 18 dev’a valer] devi’a valer Michaëlis
(I) Porque non ouso dicirlle á miña señora a coita moi grande do meu corazón que por ela sufro, que Deus me perdoe, vede a coita en que teño de vivir: de onde eu espero ben, vénme un gran mal, e quen me debe auxiliar non me auxilia.
(II) Non me auxilia ela, que eu sempre amei, nin o seu amor, que me ten forzado, que me privou do sono e da razón; ora vede a coita que eu teño: de onde eu espero ben, vénme un gran mal, e quen me debe auxiliar non me auxilia.
(III) Nin me vale Deus nin me vale a miña señora, nin o moito que a amo desde que a vin, nin os meus amigos me auxilian nese asunto: ai de min, infeliz, aflixido de amor, de onde eu espero ben, vénme un gran mal, e quen me debe auxiliar non me auxilia.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:241)
Por máis que Michaëlis mantivese a lección de A, o seu carácter hipermétrico (devi’a valer) semella indicar a presenza dun erro de copia e fai que se deba seleccionar o texto subministrado polos cancioneiros italianos, que mantén a isometría versal (dev’a valer). Non obstante, sería posíbel manter o texto de A cunha segmentación alternativa dev’i‿a valer, similar a dev’i a seer (475.11).
A lección <amigus>, coa terminación gráfica -us, é relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana. Na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.