1028 [= RM 63,26]
Diz meu amigo tanto ben de mí

Diz meu amigo tanto ben de mí
quant’el máis pod’, e de meu parecer,
e os que saben que o diz assi
teen que ei eu que lhi gradecer:
en quant’el diz non lhi gradesc’eu ren,
ca mi sei eu que mi paresco ben.
Diz-mi «fremosa» e diz-mi «senhor»,
e «fremosa» mi dira quen me vir,
e te[e]n que mi faz mui grand’amor
e que [eu] ei muito que lhi gracir:
en quant’el diz non lhi gradesc’eu ren,
[ca mi sei eu que mi paresco ben].
Diz muito ben de min en seu trobar
con gran dereit’, e al vos eu direi:
teen ben quantos me lh’oen loar
que eu muito que [lhi] gradecer ei:
en quant’el diz non lhi gradesc’eu ren,
[ca mi sei eu que mi paresco ben],
ca, se eu non parecesse mui ben,
de quant[o] el diz non diria ren.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1024, V 614

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 273-274); Rodríguez (1980: 201 [= LPGP 384]); Cohen (2003: 557); Littera (2016: I, 452).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 218-219); Braga (1878: 118); Machado & Machado (1956: V, 18-19); Fernández Pousa (1959: 247).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 66-67); Gonçalves & Ramos (1983: 226); Ferreira (1988: 71-72); Alvar & Beltrán (1989: 292-293); Pena (1990: 108); Sansone (1990: 174); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 85).

Variantes manuscritas


11 ren] bē V   13 en] eu B   15 quantos] quōtꝯ V   16 eu] ei BV   17 quant’el] q̄ntel V

Variantes editoriais


4 teen] têm Littera   9 teen] têm Littera   10 que [eu] ei] que [ei] eu Nunes, Rodríguez   14 eu] én Cohen, Littera   15 teen] têm Littera   20 de quant[o] el diz non diria ren] de quant’el[e] diz non diria ren Rodríguez : de quant’el diz non <ar> diria ren Cohen : de quant’el diz non’[o] diria rem Littera

Paráfrase


(I) Fala o meu amigo tan ben de min e da miña fermosura canto el máis pode, e os que saben que así o di consideran que eu teño que llo agradecer: de canto el di eu non lle agradezo nada, pois eu sei que son fermosa.

(II) Chámame «fermosa» e chámame «señora», e «fermosa» me chamará quen me vir, e pensan que me fai unha gran mostra de amor e que eu teño moito que lle agradecer: de canto el di eu non lle agradezo nada, pois eu sei que son fermosa.

(III) Fala moi ben de min nos seus cantares con moita razón, e outra cousa vos direi: cantos o ouven louvarme consideran que eu teño moito que lle agradecer: de canto el di eu non lle agradezo nada, pois eu sei que son fermosa, (1) porque, se eu non fose moi fermosa, de canto el di non diría nada.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:14) + 10c 10c

Notas


Texto
  • 9

    A reconstrución da forma plural te[e]n é indubitábel polo sentido xeral da cantiga e mais polo paralelismo construtivo, con presenza desta forma verbal nas tres estrofas: no v. 4 (onde o suxeito é os que saben que o diz assi) e mais no v. 15 (sendo o suxeito quantos me lh’oen loar...).

  • 10

    A colococación da reintegración de eu (eu ei) vén determinada pola súa frecuencia no corpus, máis alta do que ei eu.

  • 16

    A hipometría do verso sánase con lhi (que eu muito que [lhi] gradecer ei), indicado polos vv. 4 (teen que ei eu que lhi gradecer) e 10 (e que [eu] ei muito que lhi gracir).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado