I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 284-285); Rodríguez (1980: 235 [= LPGP 381]); Cohen (2003: 569); Littera (2016: I, 459).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 222); Braga (1878: 120); Machado & Machado (1956: V, 33-34); Fernández Pousa (1959: 258).
III. Antoloxías: Gonçalves & Ramos (1983: 227); Alonso Girgado (1992: 23); Arias Freixedo (2003: 441-442).
2 ren] reu B : tē V 3 lh’ouça ] lhouca B : loucha V 5 E vedes] Cĩredes B 6 fezer] fazer B 7 querra] queira B : questa V; faça] faca B : faza V 10 con mig’e] comigue V 18 quer] qr̃ V 27 m’i] mj B : mhi V; lh’eu] lhou V
10 con mig’e] comigu’e Nunes 15 queira] queir’ Nunes 16 min] mi Nunes, Rodríguez 18 mentre ... non [mi] quer] mentre [já] ... non quer Nunes 26 con mig’] comig’ Nunes 27 m’i] mi Nunes, Rodríguez, Cohen, Littera
(I) Amiga, o que tanto me quere di que nunca máis nada me pedirá, unicamente que escoite canto me desexa dicir e que, en canto viva, me servirá; e vede agora como é arteiro, porque, logo que eu lle concedese todo este ben, entón el quererá que lle conceda outro mellor.
(II) Moi ben penso eu que vén con mentira, a pesar de que xura que non me quere mentir; mais di que lle permita falar comigo e a cambio non me quere pedir máis nada mentres viva; e vede agora como é arteiro, porque, logo que eu lle concedese todo este ben, entón el quererá que lle conceda outro mellor.
(III) Teño moito medo –non me vaia enganar–, aínda que el di que non quere de min outra cousa senón falar comigo, e despois non me pedirá máis nada mentres viva; e vede agora como é arteiro, porque, logo que eu lle concedese todo este ben, entón el quererá que lle conceda outro mellor.
(1) E isto será así mentres o mundo exista: canto un máis teña ou consiga, tanto desexo terá de ter máis.
(2) Mais ide vós, amiga, polo meu amor, comigo alí onde el me queira falar, pois maldita sexa se lle eu fose soa.
Esquema métrico: 10a 10b 10a 10b 10C 10A 10C (I [= RM 97:1]) + 10a 10b 10a 10b 10C 10D 10C (II-III [= RM 110:1]) + 2 x 10d 10a 10d
Encontros vocálicos: 15 queira‿enganar
A forma medieval migo, con algunhas variantes (véxase nota a 10.18), xa convivía na altura cronolóxica das cantigas con comigo, que aínda pode presentar a forma analítica con migo (11.24, 584.14, 585.8, 773.8, 846.r1, 856.1, 928.8, 939.13, 1039.10 e 26, 1099.19, 1234.20, 1303.8), fórmula concorrente coa arcaizante con mego (469.6 e 9). En calquera caso, con migo aparece nesta composición pola prioridade que concedemos a B (cfr. comigo en V).
A diferenza dos anteriores editores, segmentamos o adverbio i en m’i suxerido polo adverbio ali do v. 26.