1039 [= Tav 63,20]
Diz, amiga, o que mi gran ben quer

Diz, amiga, o que mi gran ben quer
que nunca máis mi ren demandará,
sol que lh’ouça quanto dizer quiser,
e, mentre viver, que me servirá;
e vedes ora com’é sabedor
que, pois que lh’eu tod’este ben fezer,
log’el querra que lhi faça melhor.
Mui ben cuid’eu que con mentira ven,
pero jura que mi non quer mentir;
mais diz que fale con mig’e por én
mentre viver non mi quer al pedir;
e vedes [ora com’é sabedor
que, pois que lh’eu tod’este ben fezer,
log’el querra que lhi faça melhor].
Gran pavor ei, non me queira enganar,
pero diz el que non quer al de min
senon falar mig’, e máis demandar
mentre viver non [mi] quer des ali;
e vedes [ora com’é sabedor
que, pois que lh’eu tod’este ben fezer,
log’el querra que lhi faça melhor].
E esto sera mentr’o mundo for:
quant’ome máis ouver ou acabar
tanto d’aver máis avera sabor.
Mais id’, amiga, vós, por meu amor,
con mig’ali u m’el quiser falar,
ca mal m’i venha se lh’eu soa for.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 

Manuscritos


B 1035, V 625

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 284-285); Rodríguez (1980: 235 [= LPGP 381]); Cohen (2003: 569); Littera (2016: I, 459).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 222); Braga (1878: 120); Machado & Machado (1956: V, 33-34); Fernández Pousa (1959: 258).
III. Antoloxías: Gonçalves & Ramos (1983: 227); Alonso Girgado (1992: 23); Arias Freixedo (2003: 441-442).

Variantes manuscritas


2 ren] reu B : tē V   3 lh’ouça ] lhouca B : loucha V   5 E vedes] Cĩredes B   6 fezer] fazer B   7 querra] queira B : questa V; faça] faca B : faza V   10 con mig’e] comigue V   18 quer] qr̃ V   27 m’i] mj B : mhi V; lh’eu] lhou V

Variantes editoriais


10 con mig’e] comigu’e Nunes   15 queira] queir’ Nunes   16 min] mi Nunes, Rodríguez   18 mentre ... non [mi] quer] mentre [já] ... non quer Nunes   26 con mig’] comig’ Nunes   27 m’i] mi Nunes, Rodríguez, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Amiga, o que tanto me quere di que nunca máis nada me pedirá, unicamente que escoite canto me desexa dicir e que, en canto viva, me servirá; e vedes agora como é sabedor de que, logo que eu lle concedese todo este ben, entón el quererá que lle conceda outro mellor.
(II) Moi ben penso eu que vén con mentira, a pesar de que xura que non me quere mentir; mais di que lle permita falar comigo e a cambio non me quere pedir máis nada mentres viva; e vedes agora como é sabedor de que, logo que eu lle concedese todo este ben, entón el quererá que lle conceda outro mellor.
(III) Teño moito medo, non queira enganarme, aínda que di que el non quere de min outra cousa senón falar comigo, e non me pedirá máis nada mentres viva; e vedes agora como é sabedor de que, logo que eu lle concedese todo este ben, entón el quererá que lle conceda outro mellor.
(1) E isto será así mentres o mundo exista: canto o home máis teña ou consiga, tanto pracer terá en obter máis. 
(2) Mais ide, amiga, polo meu amor, comigo alí onde el me queira falar, pois mal estaría se eu fose soa.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10a 10b 10C 10A 10C (I [= Tav 97:1]) + 10a 10b 10a 10b 10C 10D 10C (II-III [= Tav 110:1]) + 2 x 10d 10a 10d

Encontros vocálicos: 15 queira‿enganar

Notas


Texto
  • 10

    A forma medieval migo, con algunhas variantes (véxase nota a 10.18), xa convivía na altura cronolóxica das cantigas con comigo, que aínda pode presentar a forma analítica con migo (11.24, 584.14, 585.8, 773.8, 846.r1, 856.1, 928.8, 939.13, 1039.10 e 26, 1099.19, 1234.20, 1303.8), fórmula concorrente coa arcaizante con mego (469.6 e 9). En calquera caso, con migo aparece nesta composición pola prioridade que concedemos a B (cfr. comigo en V).

  • 27

    A diferenza dos anteriores editores, segmentamos o adverbio i en m’i suxerido polo adverbio ali do v. 26.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado