1054 [= Tav 63,70]
Rui Martĩiz, pois que est’[é] assi

Esta tençon fez Joan Airas de Santiago a un que avia nome Fruitoso Canton e se pôs nome Rui Martĩiz; e o outro respondeu-lhi.

– Rui Martĩiz, pois que est’[é] assi,
que vós ja máis quisestes viver
en Leo[n] e nos veestes veer,
dized’agora vós un preit’a min,
Rui Martĩiz, assi Deus vos perdon,
.....................................................
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 1052, V 642

A rúbrica só foi transmitida polo Cancioneiro da Vaticana.

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 279); Rodríguez (1980: 315 [= LPGP 404-405]); Lagares (2000: 121 [rúbrica]); Lopes (2002: 184); Littera (2016: I, 468).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 228); Braga (1878: 123); Machado & Machado (1956: V, 57); Fernández Pousa (1959: 289).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 349).

Variantes manuscritas


Rúbrica: tençon] tētō V; Fruitoso Canton] eruitoso tātō V; Rui Martĩiz] eui uirq̃ȝ V

Texto: 1 Fruitoso] eruitoso V; Martĩiz] martir B : martqȝ V   3 nos] uos B : nos V   4 a min] āmj B   5 Martĩiz] rarij̄z B : tarq̃ȝ V

Variantes editoriais


Rúbrica: Fruitoso Canton] Rui Toso ca ‘nton Rodríguez : Rui Toso tá ‘nton Lagares : Rui To[n]so Cantom Littera; e] e[l] Rodríguez

Texto: 1 est’[é]] om. Lapa : ést[e] Lopes, Littera   2 quisestes] [nom] quisestes Lopes, Littera   4 min] mi Lapa, Rodríguez, Lopes, Littera

Paráfrase


(I) –Rui Martĩiz, pois isto é así, que vós xa non quixestes máis vivir en Leon e nos viñestes ver, faládeme agora dun asunto, Rui Martĩiz, así Deus vos perdoe, [...].

Métrica


Esquema métrico: 10a 10v 10b 10a 10c [...]

Encontros vocálicos: 1 Mar·tĩ·iz; 2 ma·is; 5 Mar·tĩ·iz

Notas


Rúbrica
  • Os dous últimos antropónimos da rúbrica presentan erros de escrita que dificultan a interpretación. No caso de Rui Martĩiz non hai dúbida porque se rexistra logo no texto da cantiga, mais o nome Fruitoso, proposto xa por Lapa a partir de <eruitoso>, é conxectural.

    As solucións Rui Toso e Rui To[n]so, hipotética alusión a que o personaxe sería un clérigo ou fillo dun clérigo tonsurado levantan tamén problemas, pois este sobrenome non encontra apoio na documentación medieval, onde non achamos atestacións desas formas. Si pode ser plausíbel a hipótese que Elsa Gonçalves propón para o elemento final <tātō>, pois «o apelido Canton (provavelmente satírico), aparece na cantiga de Fernan Soarez de Quinhones Ai amor, amore, de Pero Cantone, aplicado também a um personagem de Leon» (Gonçalves 1983: 109). Certamente o termo Cantón existe aínda na actualidade como apelido e como topónimo. É por iso que, conxecturalmente, editamos o nome Fruitoso Canton, considerando que propia rareza do primeiro nome foi talvez a causa da súa transcrición errada e tamén que desde o punto de vista paleográfico o termo Canton se pode explicar doadamente como un caso da frecuentísima confusión de <c> por <t>.

Texto
  • *

    A composición está, obviamente, incompleta.

  • 2

    Considerando a posibilidade de contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), non é necesaria ningunha reintegración neste verso.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado