1081 [= RM 121,14]
Ora vos podess’eu dizer

Ora vos podess’eu dizer
a coita do meu coraçon
e non chorass’i log’enton,
pero non ei end’o poder,
se vos eu mia coita contar,
que pois non aja de chorar.
Ei eu mui gran coit’a endurar,
pero, se vos dizer quiser
mia coita e vo-la disser,
non ei poder de m’én guardar,
se vos eu mia [coita contar,
que pois non aja de chorar].
Mui gran coita vos contarei
d’amor, que [eu] sofr’e sofri
des quand’eu mia senhor non vi,
e pero non me guardarei,
se vos eu mia coita [contar,
que pois non aja de chorar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1078, V 670

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 440-441 [= LPGP 800]); Reali (1964: 67); Fernández Campo (2012: 60); Littera (2016: II, 317-318).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 237); Braga (1878: 128); Machado & Machado (1956: V, 104).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 92).

Variantes manuscritas


1 podess’eu] po\de/sseu V   1-2 dizer / a coita] dizer (a co) / A coyta B   2 coraçon] coracon B   5 vos eu mia] uos eu amha BV   16 guardarei] guarderey B : guadẽy V

Variantes editoriais


1 vos] vus Reali   3 chorass’i] chorasse Nunes   5 mia coita] <a> mha coita Reali   7 coit’a] coita Fernández Campo   8 vos] vus Reali   10 én] eu Nunes, Littera   11 vos] vus Reali   13 vos] vus Reali   14 que [eu] sofr’e sofri] que sofr'e sofri Reali, Fernández Campo : que sofr[o] e sofri Littera   15 non] vos Nunes   17 vos] vus Reali

Paráfrase


(I) (Oxalá) agora vos puidese eu falar da mágoa do meu corazón e non chorase logo alí mesmo, mais non teño tal forza, se vos eu contase a miña coita, que despois non teña que chorar.
(II) Eu teño que sufrir unha mágoa moi grande, mais, se vos quixese dicir a miña coita e vola dixese, non teño forza para me librar, se vos eu contase a miña coita, que despois non teña que chorar.
(III) Contareivos a coita moi grande de amor que eu sufro e sufrín desde que non vin a miña señora, aínda que non me librarei, se vos eu contase a miña coita, que despois non teña que chorar.

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8C (I, III [= RM 160:371]) + 8a 8b 8b 8a 8A 8A (II [= RM 129:2])

Encontros vocálicos: 7 a‿endurar

Notas


Texto
  • 5

    Nótese a presenza espuria do artigo (*a mia coita), cuxo carácter adventicio (faría hipermétrico o verso) é demostrado polas seguintes ocorrencias do refrán.

  • 7

    A edición monográfica deste trobador, da autoría de Fernández Campo, non indica a segmentación da preposición a en coit’a para manifestar a común e maioritaria perífrase aver + a + infinitivo (fronte a aver + infinitivo): Ei eu mui gran coit’a endurar.

  • 14

    Reintegramos o pronome eu para restaurar a medida do verso, tal como se atesta en 814.5: por muit’afan que eu sofr’e sofri. É máis: moi probabelmente a reintegración de Littera sexa errada por canto no corpus é sistemática a crase nesta expresión: 179.23, 255.20, 399.8, 431.9, 445.5, 1058.9, 1081.14.

  • 16

    A locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’ é de uso regular ao longo de corpus, aínda que nalgunhas pasaxes é posíbel optar por conceder independencia sintáctica a cada unha das conxuncións.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado