I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 440-441 [= LPGP 800]); Reali (1964: 67); Fernández Campo (2012: 60); Littera (2016: II, 317-318).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 237); Braga (1878: 128); Machado & Machado (1956: V, 104).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 92).
1 podess’eu] po\de/sseu V 1-2 dizer / a coita] dizer (a co) / A coyta B 2 coraçon] coracon B 5 vos eu mia] uos eu amha BV 16 guardarei] guarderey B : guadẽy V
1 vos] vus Reali 3 chorass’i] chorasse Nunes 5 mia coita] <a> mha coita Reali 7 coit’a] coita Fernández Campo 8 vos] vus Reali 10 én] eu Nunes, Littera 11 vos] vus Reali 13 vos] vus Reali 14 que [eu] sofr’e sofri] que sofr'e sofri Reali, Fernández Campo : que sofr[o] e sofri Littera 15 non] vos Nunes 17 vos] vus Reali
(I) (Oxalá) agora vos puidese eu falar da mágoa do meu corazón e non chorase logo alí mesmo, mais non teño tal forza, se vos eu contase a miña coita, que despois non teña que chorar.
(II) Eu teño que sufrir unha mágoa moi grande, mais, se vos quixese dicir a miña coita e vola dixese, non teño forza para me librar, se vos eu contase a miña coita, que despois non teña que chorar.
(III) Contareivos a coita moi grande de amor que eu sufro e sufrín desde que non vin a miña señora, aínda que non me librarei, se vos eu contase a miña coita, que despois non teña que chorar.
Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8C (I, III [= RM 160:371]) + 8a 8b 8b 8a 8A 8A (II [= RM 129:2])
Encontros vocálicos: 7 a‿endurar
Nótese a presenza espuria do artigo (*a mia coita), cuxo carácter adventicio (faría hipermétrico o verso) é demostrado polas seguintes ocorrencias do refrán.
A edición monográfica deste trobador, da autoría de Fernández Campo, non indica a segmentación da preposición a en coit’a para manifestar a común e maioritaria perífrase aver + a + infinitivo (fronte a aver + infinitivo): Ei eu mui gran coit’a endurar.
Reintegramos o pronome eu para restaurar a medida do verso, tal como se atesta en 814.5: por muit’afan que eu sofr’e sofri. É máis: moi probabelmente a reintegración de Littera sexa errada por canto no corpus é sistemática a crase nesta expresión: 179.23, 255.20, 399.8, 431.9, 445.5, 1058.9, 1081.14.
A locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’ é de uso regular ao longo de corpus, aínda que nalgunhas pasaxes é posíbel optar por conceder independencia sintáctica a cada unha das conxuncións.