1104 [= RM 88,15]
Senhor fremosa, oi eu dizer

Senhor fremosa, oi eu dizer
que vos levaron d’u vos eu leixei
e d’u os meus olhos de vós quitei:
aquel dia fora ben de morrer
eu, e non vira atan gran pesar
qual mi Deus quis de vós amostrar.
Porque vos foron, mia senhor, casar
e non ousastes vós dizer ca non,
por én, senhor, assi Deus mi perdon,
máis mi valera ja de me matar
eu, e non vira atan gran pesar
[qual mi Deus quis de vós amostrar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1102, V 693

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 475); Tavani (1964: 37 [= LPGP 605]); Lopes (2002: 286); Littera (2016: II, 63).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 245); Braga (1878: 132-133); Machado & Machado (1956: V, 149).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 107); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 127); Arias Freixedo (2003: 586); Mongelli (2009: 36); Corral Díaz & Vieira (2023: 132).

Variantes manuscritas


3 vós] nos V   4 morrer] moirer B   5 eu] cu V; vira] iura V; gran] grā B   6 qual] Q̄l B; vós] nos] B; amostrar] mostrar V   7 vos] uos BV   9 perdon] pardō B   11 vira] iura V; gran] grā B

Variantes editoriais


2 vos ... vos] vus ... vus Tavani; d’u] du Nunes   3 d’u] du Nunes   6 quis] quis[o] Nunes : [o] quis Lopes   9 perdon] pardon Tavani   12 quis] quis[o] Nunes : [o] quis Lopes

Paráfrase


(I) Señora fermosa, oín dicir que vos levaron do lugar onde vos eu deixei e de onde afastei os meus ollos de vós: mellor fora que aquel día morrese eu, e non vería un pesar tan grande como o que Deus me quixo mostrar de vós.
(II) Porque vos foron casar, miña señora, e vós non vos atrevestes a dicir que non, por iso, señora, que Deus me perdoe, máis me valera xa matarme eu, e non vería un pesar tan grande como o que Deus me quixo mostrar de vós.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 9C 9C (I [= RM 160:260]) + 10a 10b 10b 10a 9A 9A (II [= RM 129:1])

Encontros vocálicos: 5 viraatan; 11 viraatan

Notas


Texto
  • 5-6

    Coa sinalefa viraatan (v. 5), a medida do refrán é eneasilábica, feito que contrasta cos decasílabos do corpo da estrofa. De todos os xeitos, unha estrutura similar pode verse na cantiga 322, onde se produce a mesma combinación métrica.

    Fronte á realidade do texto transmitido polos manuscritos, Nunes e Lopes desconsideraron a posibilidade da sinalefa no v. 5 e emendaron o v. 6 para conseguiren a nivelación métrica decasilábica entre a estrofa e o refrán.

  • 7

    Nótese a alusión ao casamento da dona como razón para a coita de amor, feito infrecuente nas cantigas de amor (Arias Freixedo 1998c). Véxanse tamén a cantiga 120 (tamén se adiviña en UC 121) de Paai Soarez de Taveiroos, a cantiga 417, de Fernan Velho, ou, tamén a cantiga 900, de Roi Fernandiz de Santiago, co mesmo motivo implícito no verbo levar.

  • 9

    A forma pardon, de B, semella aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon. Non obstante, tal forma é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado