I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 325 [= LPGP 806]); Cohen (2003: 359); Littera (2016: II, 337).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 254); Braga (1878: 138); Machado & Machado (1956: V, 197).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 54).
1 bõa] boa V; sandece] sādice BV 2 molher] moher B 4 desassanhar] de sanssanha r V
En Nunes os vv. 1-2 divíndense en versos heptasilábicos graves.
1 bõa] boa Nunes
(I) Enfadeime moito convosco, amigo, en verdade, por tolaría, como se asaña unha muller con quen llo nunca merece; mais, se me asañei contra vós, héimevos desasañar.
Esquema métrico: 15’a 15’a 7B 7B (= RM 37:11)
Cantiga fragmentaria.
Repárese na aparición de <sādice> en BV como palabra rimante con merece, que evidencia o erro de copia nos apógrafos italianos, onde nesta voz é xeral a variante do sufixo -ice, fronte a -ece, máis común no Cancioneiro da Ajuda. Véxase nota a 3.11.
A rima con sandece indica que a P3 do presente de indicativo de merecer aínda se pronunciaba con /e/, pronuncia que na lingua moderna mudou para /ɛ/, como corresponde a un verbo semirregular de segunda conxugación, por máis que nalgunha rexión galega se manteña aínda a pronuncia fechada.