I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 331); Indini (1978: 170 [= LPGP 170]); Cohen (2003: 367); Littera (2016: I, 158).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 256); Braga (1878: 139); Machado & Machado (1956: V, 209); Berardinelli (1985: 20); Camargo et alii (1992: 51).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 15-16); Seoane (1941: 36); Filgueira Valverde (1969: 18); Álvarez Blázquez (1975: 20); Diogo (1998: 229-230).
1 quer’eu] querou V
En Nunes, a configuración estrófica é diferente:
Rogar-vos quer[o] eu, mia madr’e mia senhor,
que mi non digades oje mal
se eu for a Bonaval,
pois meu amigu’i ven.
Se vos non pesar, mia madre, rogar-vos-ei,
por Deus que mi non digades mal,
e irei a Bonaval,
pois meu amigu’i ven.
Tamén na edición de Indini:
Rogar-vos quer[o]-eu, mha madr’e mha senhor,
que mi non digades oje mal
se eu for
a Bonaval,
poys meu amigu’i ven.
Se vos non pesar, mha madre, rogar-vos-ey,
por Deus, que mi non digades mal,
e hirey
a Bonaval,
poys meu [amigu’i ven].
1 quer’eu, mia madr[e] e mia senhor] quero [e]u, mia madr’e mia senhor Littera
(I) Quérovos rogar, miña nai e miña señora, que non me maldigades se eu vou a Bonaval, pois o meu amigo alí vén.
(II) Se non vos pesa, miña nai, rogareivos, por Deus, que non me maldigades, e irei a Bonaval, pois o meu amigo alí vén.
Esquema métrico: 2 x 12a 12a 10B
Aínda que nalgunha cantiga se produce a crase da copulativa e no apelativo mia madr’e mia senhor (935.11, 1259.2), tamén se rexistra a forma plena de madre, con independencia métrica da copulativa: mia madre e mia senhor (707.4). É por isto que, tendo en conta a hipometría derivada da lección dos manuscritos, parece preferíbel a restauración vocálica de madre, que respecta a división en hemistiquios do verso, ao tempo que mantén o ritmo poético con acento sistemático na 5ª sílaba.
Bonaval refírese a San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.