1148 [= Tav 77,3]
A San Servando foi meu amigo

A San Servando foi meu amigo,
e, porque non veo falar migo,
direi-o a Deus
e chorarei dos olhos meus.
Se o vir, madre, serei cobrada,
e, porque me tẽedes guardada,
direi-o a Deus
e chorarei [dos olhos meus].
Se m’el non vir, sera por mí morto,
mais, porque m’el fez tan gran torto,
direi-o a Deus
e cho[rarei dos olhos meus].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1145, V 737

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 335-336 [= LPGP 499]); Cohen (2003: 372); Littera (2016: I, 584).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 258); Braga (1878: 140); Machado & Machado (1956: V, 217); Camargo et alii (1990: 31); Burgazzi (2015: 33).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 17); Álvarez Blázquez (1975: 96); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 118).

Variantes manuscritas


2 veo] ue(i)o V   4 dos] ds̄ B   7 Deus] des V   9 Se] e se V; por] pre V   10 gran] grã B

Variantes editoriais


6 tẽedes] teendes Nunes, Littera   10 fez tan] fez<o> tan Cohen : fez [a]tam Littera

Paráfrase


(I) O meu amigo foi a San Servando e, porque non veu falar comigo, direillo a Deus e chorarei (dos meus ollos).
(II) Se o vise, madre, recuperaríame, e, xa que me tendes baixo a vosa custodia, direillo a Deus e chorarei (dos meus ollos).
(III) Se me el non ve, morrerá por min, mais, porque me fixo tan gran dano, direillo a Deus e chorarei (dos meus ollos).

Métrica


Esquema métrico: 3 x 9’a 9’a 5C 8C (= Tav 37:49)

Notas


Texto
  • 1

    Talvez San Servando se refira á ermida de San Servando, sita no lugar de Pazos da parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.

  • 6

    A lectura tendes, de Nunes e Littera, moderniza esta forma verbal por medio do desenvolvemento dunha consoante nasal que aínda non parece existir no corpus das cantigas. Cfr. nota a 774.5.

  • 9

    Nótese a presenza espuria da copulativa inicial en V, que confirma o carácter adventicio deste elemento nalgunhas pasaxes, tal como mostra a diverxencia de testemuños. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).

    Noutros casos, a pesar da coincidencia dos relatores, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.

  • 10

    A contaxe bisilábica de mais escusa calquera reintegración no verso. Véxase nota a 12.8.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado