I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 338 [= LPGP 508]); Cohen (2003: 375); Littera (2016: I, 585-586).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 258); Braga (1878: 140); Machado & Machado (1956: V, 221); Camargo et alii (1990: 35); Burgazzi (2015: 34).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 94).
2 guisa] aguisa B : a guysa V 3 i-lo] dylo V 4 el] ei BV 5 outra] ont̃ B 6 i-lo] dylo V 7-9 om. B 9 i-lo quer’eu] dy lo qnereu V
2 guisa] aguisa Nunes 5 Servando] Servand’ Nunes 8 mal dizedes] maldizedes Littera
(I) Se o meu amigo vai a San Servando e Deus llo dispón, polo seu amor, quéroo ir ver, madre.
(II) E, se el vai, como me pediu, a San Servando, onde xa outra vez me buscou, quéroo ir ver, madre.
(III) O meu amigo, que me vós quitastes, aínda que me agora por el mal falades, quéroo ir ver, madre.
Esquema métrico: 10a 10a 8B (I-II [= RM 26:77) + 10’a 10’a 8B (III [= RM 26:80])
Encontros vocálicos: 5 Servando,‿u
Talvez San Servando se refira á ermida de San Servando, sita no lugar de Pazos, parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.
A variante aguisar provoca hipermetría: esta pode resolverse recorrendo á forma guisar, sen a- protético (véxase nota a 35.12). Similares desaxustes métricos provocados por lapsos de copia poden verse en, por exemplo, 56.12, 1185.7 ou 1643.3, onde a forma desaguisado de B ou BV precisa da emenda en prol de desguisado. En calquera caso, en 317.4 o Cancioneiro da Ajuda presenta a correcta lección desguisado fronte a desaguisado en B, feito que confirma a lexitimidade desta operación ecdótica.