I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 432-433 [= LPGP 427]); Fernández Guiadanes et alii (1998: 101); Arias Freixedo (1998b: 37); Cohen (2003: 502); Littera (2016: I, 493).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 299); Braga (1878: 164); Machado & Machado (1956: V, 381); Brea (1998: 95-96); Couceiro Pérez & Fontoira (1998: 21); Monteagudo (1998a: 107); Monteagudo (1998b: 97); Pena (1998b: 79); Pena (1998c: 89); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 101); Álvarez Blázquez (1975: 187); Landeira Yrago (1975: 95); Arias Freixedo (2003: 455-456); Magalhães (2007: 107).
1 sabedes] fabedes B 3 oj’ouver’a] Ssoiouuera B 6 vistes] iustes V 7 por mí] premi V 9 Santa] stā V 10 leixedes] Leixede B 12 sofreu] so\f/freu V 17 coitado] coido V 20 Leixedes mhor hir Veer B
1 Momed’] Mamed’ Nunes, Arias Freixedo 3 ouver’a seer] ouvera seer Cohen
(I) En San Mamede, onde sabedes que vistes o meu amigo, hoxe debería estar comigo; miña nai, pola vosa fe, deixádemo ir ver.
(II) Do que vistes ese día andar por min moi coitado chegáronme agora novas; madre, por Santa María, deixádemo ir ver.
(III) Pois el tivo tal ventura que sufriu moito mal por min, e nada lle dá alivio, miña nai, por mesura, deixádemo ir ver.
(IV) Eu por el estarei triste, pois por min el vive aflixido; así teñades a graza de Deus, madre benaventurada, deixádemo ir ver.
Esquema métrico: 7’a 7’b 7’b 7’a 7C (I, II, IV [= RM 155:31]) + 7’a 7b 7b 7’a 7C (III [= RM 155:30])
Encontros vocálicos: 5 -mi͜-o; 10 -mi͜-o; 15 -mi͜-o; 20 -mi͜-o
San Momede (forma con labialización de /e/) refírese ao santuario de San Mamede ou San Amedio, en Beluso (concello de Bueu), na península do Morrazo (véxase Souto Cabo 2018: 87-88).
A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + infinitivo como devi’a, avi’a, ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22 e 28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.
A fórmula de xuramento fe que (vós) devedes, convertida en frase formularia de valor interxectivo, é equivalente á expresión per bõa fe, entre outras fórmulas posíbeis de xuramento (véxase tamén 506.13, 655.6, 1016.4, 1526.15, 1583.1). Para alén desta formulación simple, tamén presente nas Cantigas de Santa Maria (véxase, por exemplo, CSM 6.32), esta frase pode presentar explícito o complemento indirecto (fe que dev’a Nostro Senhor, 594.14), tal como se pode ver tamén na Crónica Troiana, onde achamos dúas fórmulas dese tipo: fe que eu deuo a Deus; fe que deuo a meu señor (Lorenzo 1985: 243, 383).
Nestes versos percíbese un anacoluto provocado pola ausencia da preposición de para introducir o v. 6 (O que vistes... = Do que vistes...):
O que vistes esse dia
andar por mí mui coitado
chegou-m’ora seu mandado.