153 [= RM 11,5]
Desej’eu muit’a veer mia sennor

Desej’eu muit’a veer mia sennor,
e pero sei que, pois ant’ela for,
non ll’ei a dizer ren
de com’oj’eu averia sabor,
e ll’estaria ben.
Po-la veer moiro e po-la servir,
e pero sei que, pois m’ant’ela vir,
non ll’ei a dizer ren
de com’oj’eu poderia guarir,
e ll’estaria ben.
Se ll’al disser, non me dira de non;
mais da gran coita do meu coraçon
non ll’ei a dizer ren
que ll’eu diria en bõa razon,
e ll’estaria ben.
Pero ei gran sabor de lle falar
quando a vejo, por lle non pesar,
non ll’ei a dizer ren
de com’eu poderia led’andar,
e ll’estaria ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 65, B 177

En B falta a cuarta estrofa.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 139-140); Minervini (1974: 37 [= LPGP 111]); Littera (2016: I, 108).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 72); Carter (2007 [1941]: 40-41); Marques Braga (1945: 132); Machado & Machado (1949: I, 270); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 153).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 98); Nunes (1959: 229); Spina (1972: 302); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 22).

Variantes manuscritas


2 e] {} A, ant’ela] dante la B   3 non] nou B; ren] reu B   5 lh’estaria] lle estaria A   6 moiro e] moyre B   12 da] de   14 bõa] boa A

Variantes editoriais


2 ant’] d’ant’ Minervini, Littera   5 ll’estaria] lh(e) estaria Michaëlis   6 moiro] moir(o) Michaëlis : moyr’ Minervini : moir' Littera   10 ll’estaria] lh(e) estaria Michaëlis   15 ll’estaria] lh(e) estaria Michaëlis   20 ll’estaria] lh(e) estaria Michaëlis

Paráfrase


(I) Moito desexo eu ver a miña señora, aínda que sei que, cando estea diante dela, non lle hei dicir nada de como eu hoxe me sentiría satisfeito, e (o que lle dixese) acaeríalle ben a ela.

(II) Morro por vela e por servila, embora saiba que, despois de me ver ante ela, non lle hei dicir nada de como eu hoxe podería vivir, e (o que lle dixese) acaeríalle ben a ela.

(III) Se lle dixese outra cousa non me diría que non, mais da gran coita do meu corazón non lle hei dicir nada do que eu lle diría de forma razoada, e (o que lle dixese) acaeríalle ben a ela.

(IV) Aínda que sinto un gran desexo de lle falar cando a vexo, por lle non causar pesar, non lle hei dicir nada de como eu podería andar ledo, e (o que lle dixese) acaeríalle ben a ela.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10a 6B 10a 6B (= RM 33:9)

Encontros vocálicos: 6 moiroe

Notas


Texto
  • 1

    Na lingua trobadoresca o verbo desejar aparece en complexos verbais (desejar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 208.2, 428.2, 635.6, 754.6, 899.10, 952.8, 1010.2, 1089.89). Cfr. nota a 3.17.

  • 2

    A variante reforzada d’ante de B, que nesta cantiga concorre co ante de A, só se rexistra na locución prepositiva per d’ante:

    ca ja me disse que me non compria
    d’ir per d’ant’el (1322.13).

    Por outra parte, a locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), tamén no v. 7, é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).

  • 5

    Efectuamos a crase ll’estaria neste primeiro verso do refrán, en harmonía cos restantes, pois moi probabelmente a escrita de A sexa produto dun lapso (ou quizais non se perciba xa no manuscrito unha eventual cancelación da vogal).

  • 11

    A construción dizer de non ‘negar’, en que de cumpre a función da conxunción que, aparece esporadicamente no corpus profano (328.4, 400.3, 536.10, 759.8, 971.26, 989.10, 1420.3, 1488.9, 1636.13 e 1648.16-17).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado