I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 153-154 [= LPGP 685]); Pousada Cruz (2013: 127-128); Littera (2016: II, 177-178).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 75); Carter (2007 [1941]: 43); Marques Braga (1945: 140-141); Machado & Machado (1949: I, 282-283); Camargo et alii (1995: 54-55); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 160).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 7-8); Nemésio (1961 [1949]: 150-151); Torres (1977: 516); Jensen (1992: 242); Arias Freixedo (2003: 655-656); Fidalgo (2009a: 40).
4 min] mj B; me] mj B 5 morrerei] moirerei B 6 nō quer (meu) meu mal uen| (***bē) / quer meu ben B 9 lle] lhi B; lle] lhi B 10 min] mj B 11 morrerei] moirerey B 13 ventura que me] uētᵉa q̄mj B 14 me] mj B 15 quen] quēn A; me] mho B 17 morrerei] moirerey B 19 veede que cuita] uede ora q̄ coyta B 20 sempr’ei] semp’a ei B 23 morrerei] moirerei B
8 amor] Amor Pousada Cruz 19 cuita] coita Littera
(I) Amo eu tanto a miña señora que non sei que facer, e ela nin sequera se quere lembrar de min, e eu morro de amor, e así morrerei por quen nin quere o meu mal nin quere o meu ben.
(II) E cando lle eu quero dicir o moito mal que o amor me fai, nin sequera lle causa pesar nin lle prace nin quere pensar en min, e así morrerei por quen nin quere o meu mal nin quere o meu ben.
(III) Que destino me deu Deus, que me fixo amar unha muller tal que non quere o meu servizo! E morro, e non me ten por seu (servidor), e así morrerei por quen nin quere o meu mal nin quere o meu ben.
(IV) E vede que coita esta, porque eu xa por sempre hei servir unha muller que non mo quere recompensar nin mo considera como ben nin como mal, e así morrerei por quen nin quere o meu mal nin quere o meu ben.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:364)
Encontros vocálicos: 8 mi‿amor; 21 mi-‿o; 22 mi-‿o
Obsérvese como a lección de B presenta crase do hiato etimolóxico de veede (< uĭdēte), ao tempo que compensa metricamente o verso coa introdución do adverbio ora, necesariamente en sinalefa con vede: E vede‿ora que coyta tal.