I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 208); Blasco (1984: 155 [= LPGP 836]); Marcenaro (2012b: 241); Littera (2016: II, 354-355).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 89-90); Carter (2007 [1941]: 60); Marques Braga (1945: 191-192); Machado & Machado (1949: I, 337-338); Fernández Pousa (1953: 18-19); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 193).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 197-198); Alvar & Talens (2009: 462).
2 vingança] uinganca AB; min] mj B 3 fez] faz B; bõa] boa B 5 lle] lhi B 7 morrer] moirer B 8 mundo, e] mūde B 12 sõo] soo B 13 d’aver] da B 14 mal] mal dia B 15 morri] moiri B 17 morrera] moirera B 18 morrer] moirer B 20 eu] om. B 21 dela] deu de B
8 mundo] mund’! Michaëlis 20 eu] om. Blasco, Littera
(I) Se eu merecín algún mal de Deus, gran vinganza soubo El cobrar de min, porque me fixo ver unha moi boa dona, e moi fermosa, e aínda me fixo despois amala máis que a ningunha outra cousa; e, unha vez que isto me fixo Noso Señor, tamén a fixo a ela morrer, e deixoume a min (II) vivir no mundo, e en aciago día nacín por vivir eu así no mundo, porque Deus tan gran poder ten sobre min que me fai vivir así no mundo, sen ela, pois ben sei que terei gran coita mentres viva, cando non a vexa a ela, que para o meu mal vin.
(III) E para a miña desgraza, amigos, non morrín cando eu ouvín dicir que ela morrera, pois vede que coita podería perder por morrer naquel momento: a maior coita de cantas Deus fixo, en que vivo polo seu amor, aínda que nunca recibín ben dela.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:83)
Encontros vocálicos: 6 mi‿aquesto; 8 mundo,‿e
Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55.
Á inversa da variación que se produce noutras pasaxes (véxase nota a 130.10), neste verso aparece tamén unha diferente opción temporal entre o Cancioneiro da Ajuda, que ofrece a forma verbal de pretérito fez, fronte ao presente (histórico) faz (talvez un erro de copia), no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e, eventualmente, o da Vaticana (véxase tamén 200.17, 307.8, 419.19, 982.10, 982.24, 995.7 e 13).
O pronome mí (e ela no v. 14), como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
A lectura m’eno está xustificada pola grafía <m eno> de A e <meno> de B, aínda que me no tamén sería correcta: á tan gran poder / que me no mundo faz viver assi / sen ela ...
Coa omisión de eu en Blasco falta unha sílaba no verso.