301 [= RM 147,17]
Tan muit’á ja que non vi mia sennor

Tan muit’á ja que non vi mia sennor
e tan coitado fui, poi-la non vi,
que ũa ren sei eu mui ben de mí:
pero me faz muito mal seu amor,
a maior coita de quantas oj’ei
perderia se a visse u sei.
Pero que m’ela nunca fezo ben
nen mi-o fara ja enquant’eu viver,
tan gran sabor ei eu de a veer
que, se a visse, sei eu ũa ren:
a maior coita [de] q[uantas] o[j]’e[i
perderia se a visse u sei].
E vej’a muitos aqui razõar
que a máis grave coita de sofrer
vee-la om’é e ren non lle dizer;
mais, pero ll’eu non ousasse falar,
a maior coita de quantas oj’ei
[perderia se a visse u sei].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 190, B 341

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 373); Barbieri (1980: 45 [= LPGP 916]); Littera (2016: II, 469).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 124-125); Carter (2007 [1941]: 112); Machado & Machado (1950: II, 99-100); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 301).

Variantes manuscritas


4 me faz muito] mj faz nmyto B   6 visse u sei] uisseo sey B   8 fara] faza B   13 vej’a] ueya B   15 non] no A; lle] lhi B   16 ousasse] ousa B

Variantes editoriais


4 me] mi Barbieri   14 que a] qu’é a Michaëlis, Barbieri : que a Littera   15 om’é e] om(e) e Michaëlis : home e Barbieri : hom’e Littera; non] no[n] Michaëlis; lle] lhi Barbieri

Paráfrase


(I) Hai xa tanto tempo que non vin a miña señora, e estiven tan coitado porque non a vin, que de min sei ben unha cousa: aínda que me fai moito mal o seu amor, perdería a maior coita de cantas agora teño se a vise onde eu sei.

(II) Aínda que ela nunca me fixo ben nin mo fará mentres eu viva, teño tan gran vontade de a ver que, se a vise, sei eu unha cousa: perdería a maior coita de cantas agora teño se a vise onde eu sei.

(III) E vexo a moitos razoar aquí que a coita máis difícil de sufrir é vela e non lle dicir nada; mais, aínda que eu non me atrevese a falarlle, perdería a maior coita de cantas agora teño se a vise onde eu sei.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:228)

Encontros vocálicos: 8 mi-‿o; 15 -laom(e)

Notas


Texto
  • 6

    A interpretación do final do verso responde literalmente, mesmo na distribución espacial, á lección de A (<uisse u sei>). Mais a lección achegada por B (<uisseo sey>) suxire unha diferente interpretación coa consideración dunha frase aseverativa; deste xeito, seguindo A, ficaría unha frase formularia eu sei, que tamén se atesta en 1595.21:
        a maior coita de quantas oj’ei
        perderia se a viss’, eu sei.

    Coa lección de B, a frase sería e o sei (véxase nota a 212.14):
        a maior coita de quantas oj’ei
        perderia se a viss’, e o sei.

  • 13-15

    Tanto en Michaëlis como en Barbieri aparece unha moi anómala crase qu’é porque procuraron na conxunción o verbo principal do verso:

    E vej’ a muitos aqui razõar
    qu’ é a mais grave coita de soffrer
    veê’-la om(e) e ren no[n] lhe dizer.

    Porén, tendo en conta a imposibilidade de crase da partícula que, convén unha diferente interpretación sintáctica do período para evitar tal crase e manter a coherencia métrica (sinalefa -la‿om’é e acento fixo na cuarta sílaba), sintáctica e semántica, de modo que ome (v. 15) ofrece esa posibilidade para unha interpretación acorde cos principios trobadorescos (véxase Ferreiro 2009).

    Finalmente, en Littera é modificada a lección manuscrita coa mudanza a > é no v. 14 para facer cadrar o texto sen ningún tipo de crase: que é máis grave coita de sofrer / vee-la home....

  • 16

    A secuencia mais pero ten de ser segmentada sintacticamente, de modo que funcionen por separado as dúas conxuncións. Por outra banda, nótese como a lección de B ofrece novamente a perífrase ousar + a + infinitivo (véxase nota a 95.16), ao tempo que sería necesaria a contaxe bisilábica de mais (véxase nota a 12.8).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado