334 [= Tav 131,7]
Senhor do mui bon parecer

Senhor do mui bon parecer,
maravilho-m’eu do gran mal
que mi fazedes por meu mal;
e quantos-lo ouven dizer,
senhor, ar maravilhan-s’én
de mi fazerdes sempre mal
e nunca mi fazerdes ben,
ca vós ouç’ende cousecer
de mi fazerdes tanto mal
a muitos, a que é gran mal
en perder vosso conhocer
en min e non guaanhardes ren
de mi fazerdes [sempre mal
e nunca mi fazerdes ben].
E, mia senhor, quantos eu vi,
todos mi dizen que é mal
de mi fazerdes tanto mal;
e maravilhan-s’outrossi
se vo-lo conselhou alguen
de mi fazerdes [sempre mal
e nunca mi fazerdes ben].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 372

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 849); Spina (1983: 20 [= LPGP 866]); Eirín & Ferreiro (2014: 47); Littera (2016: II, 402-403).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 136-137); Machado & Machado (1950: II, 157); Rios Milhám (2018a: II, 334).

Variantes manuscritas


8 cousecer] conseçer B   18 maravilhan] marauilhau B

Variantes editoriais


8 vós] vus Michaëlis : vos Spina, Eirín & Ferreiro, Littera   11 conhocer] conhecer Spina, Littera   16 mi] me Spina, Littera

Paráfrase


(I) Señora de moi fermoso parecer, marabíllome eu do gran mal que me facedes para mal meu; e cantos o ouven dicir, señora, tamén se marabillan diso, de me facerdes sempre mal e de nunca me facerdes ben, (II) pois por iso escoito falar mal de vós, por me facerdes tanto mal, a moitos, para quen é un gran mal perderdes a vosa discreción comigo e non gañardes cousa ninguna en me facerdes sempre mal e nunca me facerdes ben.

(III) E, miña señora, cantos eu vin, todos me din que está mal facérdesme tanto mal; e marabíllanse tamén se alguén vos aconsellou para me facerdes sempre mal e nunca me facerdes ben.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8B 8C (= Tav 159:2)

Encontros vocálicos: 12 gua͜a·nhar·des

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55. Porén, en todas as edicións existe independencia estrófica das dúas primeiras cobras.

  • 4

    Para alén de pronomes que presentan xeral asimilación co pronome identificador, algunhas outras formas pronominais de diversas clases (tamén estes, 1607.20; quaes, 1535.13; tres, 987.19) poden presentar esa asimilación, ás veces con grafía conservadora <s-l>. Véxase nota a 5.10.
    En face da forma maioritaria oir, como evolución xeral de audire na lingua trobadoresca (véxase Ferreiro 1999: §211a), a variante ouvir é de uso limitado no corpus (véxase 384.17, 633.23, 764.15, 804.15, 968.4, 1055.9, 1233.12, 1322.13, 1346.22, 1361.3, 1522.4), tendo en conta que a P1 de presente indicativo (ouço) e o presente subxuntivo (ouça etc.) son formas únicas. Cfr. nota a 618.10.

  • 8-10

    A interpretación que presentamos mantén a lectura de <uos> (v. 8) como vós, forma tónica en función de complemento directo sen preposición (feito frecuente na lingua trobadoresca; cfr. cousecen min en 867a.21 e 867b.24), cunha sintaxe opacada polo hipérbato no período: «ca ende ouço a muitos cousecer (a) vós de mi fazerdes tanto mal».

  • 17

    Nótese como este verso é repetición do v. 9, por súa vez reflexo do primeiro verso do refrán.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado