366 [= Tav 3,8 (= 101,13)]
Senhor fremosa, pois m’aqui

Senhor fremosa, pois m’aqui
u vos vejo tanto mal ven,
dizede-m’ora ũa ren,
por Deus: e que sera de mí
quando m’eu ora, mia senhor
fremosa, d’u vós sodes, for?
E, pois m’ora tal coita dá
o voss’amor u vos veer
posso, queria ja saber
eu de vós: de mí que sera
quando m’eu ora, mia senhor
[fremosa, d’u vós sodes, for?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 398, V 8

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 873 [= LPGP 672]); Littera (2016: II, 151).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 9); Braga (1878: 2); Machado & Machado (1950: II, 195); Rios Milhám (2018b: III, 366).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 83); Seoane (1941: 125-126); Nunes (1959: 238); Landeira Yrago (1975: 139).

Variantes manuscritas


3 dizede hora munha ren B : dizede munha ten V   11 m’eu] men V

Variantes editoriais


2 vos] vus Michaëlis   3 m’ora] me [vos] Michaëlis   8 vos] vus Michaëlis   9 queria] querria Michaëlis, Littera   12 vós] vos Littera

Paráfrase


(I) Señora fermosa, xa que aquí onde vos vexo me vén tanto mal, dicídeme unha cousa, por Deus: e que será de min cando me eu agora for, miña fermosa señora, de onde vós estades?

(II) E xa que agora tal coita me dá o voso amor onde vos podo ver, eu quería saber xa (isto) de vós: que será de min cando me eu agora for, miña fermosa señora, de onde vós estades?
 

Métrica


Esquema métrico: 2 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:314)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é tamén atribuída a Afonso Fernandez Cebolhilha.

  • 3

    A métrica e o sentido indica que tanto B, que presenta o pronome me desprazado, como V, que omite ora, presentan un erros de copia doadamente resolúbeis a través de (dizede-)m’ora u͂a ren, lectura similar a, por exemplo, creede-m’ora u͂a ren (1125.4).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado