471 [= Tav 18,16]
Don Meendo, vós veestes

Don Meendo, vós veestes
falar migo noutro dia,
e na fala que fezestes
perdi eu do que tragia:
ar queredes falar migo
e non quer[r]ei eu, amigo.
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 474

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 5 [= LPGP 147]); Paredesa (2001: 178); Lopes (2002: 61); Paredesb (2010a: 158); Littera (2016: I, 89).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 157); Machado & Machado (1950: II, 331); Paredes (2010b: 122-123); Paredes (2010c: 85); Rios Milhám (2018b: III, 471).
III. Antoloxías: Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 31); Tavares & Miranda (1987: 344).

Variantes editoriais


5 queredes] querredes Lapa, Lopes : quer[r]edes Paredesa, Paredesb, Littera

Paráfrase


(I) Don Meendo, vós viñestes falar comigo o outro día e na conversa que fixestes perdín eu algo do que traía: queredes de novo falar comigo e eu non quererei, amigo.

Métrica


Esquema métrico: 7’a 7’b 7’a 7’b 7’c 7’c (= Tav 99:69)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga constitúe un outro exemplo de «intertextualidade parodística», xa que Afonso X reutiliza un refrán de Pero Garcia Burgales (e queredes falar migo, / e non querrei eu, amigo; 665.5-6), con efecto cómico (véxase Gonçalves 2016 [1992]: 225).

  • 1

    Don Meendo de Candarei (véxase tamén a cantiga nº 472) é un personaxe descoñecido.

  • 5-6

    Nótese como estes dous versos son reprodución exacta do refrán da composición 665, cantiga de amigo de Pero Garcia Burgalés (que confirma a lección queredes de B). Neste sentido, talvez sexa esta a proba de que estamos perante unha cantiga fragmentaria, onde non están marcados nin polo copista nin por Colocci os versos do refrán.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado