472 [= RM 18,15]
Don Meendo, Don Meendo

Don Meendo, Don Meendo,
por quant’ora eu entendo,
quen leva o baio non leixa a sela.
Amigo de Souto Maior,
daquesto sõo sabedor:
quen leva o baio non leixa a sela.
Don Meendo de Candarei,
per quant’eu de vós apres’ei,
quen leva o baio non leixa a sela.
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


B 474bis

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 6 [= LPGP 147]); Paredesa (2001: 180); Lopes (2002: 62); Paredesb (2010a: 160); Littera (2016: I, 89).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 157); Machado & Machado (1950: II, 332); Paredes (2010b: 124-125); (1880: 157); Machado & Machado (1950: II, 332); Paredes (2010b: 124-125); Paredes (2010c: 86); Rios Milhám (2018b: III, 472).
III. Antoloxías: Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 33); Tavares & Miranda (1987: 364).

Variantes manuscritas


5 sõo] soon B

Variantes editoriais


5 sõo] soon Lapa, Paredesa, Paredesb : sõõ Lopes

Paráfrase


(I) Don Meendo, Don Meendo, por canto eu sei, quen leva o cabalo non deixa a sela.

(II) Amigo de Souto Maior, disto son sabedor: quen leva o cabalo non deixa a sela.

(III) Don Meendo de Candarei, por canto eu aprendín de vós: quen leva o cabalo non deixa a sela.

Métrica


Esquema métrico: 7’a 7’a 11’B (I [cfr. RM 26:108]) +  8a 8a 11’B (II, III [cfr. RM 26:104])

Notas


Texto
  • 3

    Obsérvese como o refrán está constituído por un proverbio (verv’antigo) (véxase Filgueira Valverde 1992: 165-207)1 .
    No relativo a baio, no corpus profano predomina o seu uso como substantivo co valor de ‘cabalaría (de cor baia)’, tal como acontecerá tamén en castelán no Cancioneiro de Baena (véxase Montero Curiel & Montero Curiel 2005: 57-59).

  • 4

    O topónimo debe referirse ao actual concello pontevedrés de Soutomaior.

  • 7

    Meendo de Candarei xa aparecía na cantiga anterior de Afonso X (nº 471).

  • 8

    Sobre a frase formularia per quant’eu de vós apres’ei véxase nota a 230.10 e 1118.20. Aliás, obsérvese a aparición case literal desta frase formularia nas Cantigas de Santa Maria:

    Poren don Affons’ el Rei
    na ssa capela
    trage, per quant’ apres’ ei,
    end’ a mais bela
    (CSM 18.82).

  1. ^

    Resulta curioso comprobar a aparición do baio e de sela (agora forma verbal) na Crónica de D. Fernando, de Fernan Lopez, nunha expresión tamén proverbial: al cuida ell bayo e all cuida quem o sella (Macchi 2004: 435).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado