50 [= RM 46,7]
Vedes, senhor, pero me mal fazedes

Vedes, senhor, pero me mal fazedes,
mentr’eu viver, ja vós sempre seredes,
senhor fremosa, de mí poderosa.
Pero me mal fazedes cada dia,
mentr’eu viver, seredes toda via,
senhor fremosa, [de mí poderosa].
Per como quer que vós de mí façades,
mentr’eu viver, vós quer’eu que sejades,
senhor fremosa, [de mí poderosa].
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


B 77

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 711); Martínez Pereiro (1992: 49 [= LPGP 312]); Littera (2016: I, 343).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 25); Machado & Machado (1949: I, 101-102); García (2001: 36); Rios Milhám (2017: I, 50); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 57).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 29-30); Nunes (1959: 237-238); Jensen (1992: 114); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 69).

Variantes manuscritas


5 toda via] codauia B

Variantes editoriais


En Michaëlis o refrán está composto por dous versos (4+5)

7 Per] Pero Littera   8 vos] vos Littera

Paráfrase


(I) Vede, señora, aínda que me facedes mal, mentres eu viva, xa vós por sempre, señora fermosa, teredes poder sobre min.

(II) Aínda que me tratades mal cada día, mentres eu viva, de calquera modo, señora fermosa, teredes poder sobre min.

(III) Sexa o que for o que vós de min fagades, mentres eu viva, eu quero que vós, señora fermosa, teñades poder sobre min.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10’a 10’B (= RM 37:44)

Notas


Texto
  • 3

    A disposición partida do refrán (v. 3, 6 e 9), presente no códice e mantida por Michaëlis, provocaría a aparición dun infrecuente refrán anisosilábico (4+5) coa rima -osa; tal como o aquí presentamos, mantense unha estrutura métrica regular e habitual, con rima interna.
    Por outra parte, a expresión seer poderosa de mi(n) / seer poderosa del, con que se mostra o dominio da senhor sobre o trobador, aparece posteriormente só na obra de Don Denis (véxanse 506.2-3, 569.7-8 e 575.15-16).

  • 8

    A aparición de vós como complemento sen preposición (cfr. <uos> en B) indica un uso sintáctico de rara aparición no corpus, con omisión do enlace, similar a outros contextos no corpus. Véxase, por exemplo, Pero Garcia Burgales (194.17):

    ca nunca eu no mundo pud’achar,
    des quando me vos Deus fez[o] veer,
    dona que me fezess’escaecer
    vós, ... 

    Ou en Don Denis (621.6):

    e quisesse Deus que m’escaecesse
    vós, que vi, amig[o], en grave dia.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado