516 [= RM 25,89]
Quant’á, senhor, que m’eu de vós parti

Quant’á, senhor, que m’eu de vós parti,
atan muit’á que nunca vi prazer
nen pesar, e quero-vos eu dizer
como prazer nen pesar nen er [vi]:
perdi o sén e non poss’estremar
o ben do mal nen prazer do pesar.
E des que m’eu, senhor, per bõa fe,
de vós parti, creed’agora ben
que non vi prazer nen pesar de ren;
e aquesto direi-vos por que [é]:
perdi o sén [e non poss’estremar
o ben do mal nen prazer do pesar],
ca, mia senhor, ben des aquela vez
que m’eu de vós parti, no coraçon
nunca ar ouv’eu pesar, des enton,
nen prazer; e direi-vos que mi-o fez:
perdi o sén e non poss’estremar
o ben do mal [nen prazer do pesar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 518, V 101

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 27-28 [= LPGP 218]); Nunes (1972 [1932]: 101-102); Littera (2016: I, 177).
II. Outras edicións: Moura (1847: 33); Monaci (1875: 45); Braga (1878: 21); Machado & Machado (1952: III, 48); Júdice (1997: 98); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Correia (1978: 244); Sansone (1990: 302).

Variantes manuscritas


5 e] o B   7 bõa] boa B   14 coraçon] corazō B   16 prazer] praz V   17 e] o B

Variantes editoriais


4 nen er] non er Lang, Nunes, Littera   10 por que [é]] [eu] por que Lang

Paráfrase


(I) Todo o tempo que hai, señora, desde que me separei de vós, outro tanto hai que nunca experimentei nada que me causase pracer nin pesar, e quérovos dicir como non experimentei nin pracer nin pesar: perdín a razón e non podo discernir o ben do mal nin o pracer do pesar.

(II) E abofé que eu, miña señora, desde que me afastei de vós, crede ben que non vin pracer nin pesar de ningunha cousa; e direivos o porqué disto: perdín a razón e non podo discernir o ben do mal nin o pracer do pesar, (III) porque, miña señora, xusto desde aquela vez que eu me afastei de vós, nunca sentín pesar no corazón desde entón, nin pracer, e direivos o motivo que fixo que así fose: perdín a razón e non podo discernir o ben do mal nin o pracer do pesar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:26)

Encontros vocálicos: 16 mi-‿o

Notas


Texto
  • 4

    Non é necesaria a emenda que todos os editores realizaron de <nen> para non, xa que o verso ten pleno sentido coa locución conxuntiva nen er ‘nin tampouco’.
    A palabra rimante vi é esixida pola rima e polo paralelismo construtivo da cantiga, coa presenza de veer/aver pesar e prazer nos vv. 9 (non vi prazer nen pesar de ren) e 14-25 (nunca ar ouv’eu pesar, des enton, / nen prazer).

  • 5

    Estremar ‘estremar, separar, distinguir’ é voz pouco utilizada no corpus trobadoresco, xa que só reaparece en 629.6 e 1456.11, face á súa frecuencia na prosa, xunto con derivados como estrema, estremança ~ estremãça ou estremaçon (véxase CGPA, s.v.).

  • 10

    A partícula que implicaría unha rima pechada con fe, con vogal tónica aberta, o cal indica que se debe restaurar a forma verbal é, aberta, no final do verso, omitida no proceso de copia por contigüidade coa vogal final de que.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado