I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 45 [= LPGP 190]); Nunes (1972 [1932]: 152-153); Eirín (2015: 185); Littera (2016, I, 193).
II. Outras edicións: Moura (1847: 73-74); Monaci (1875: 54); Braga (1878: 26); Machado & Machado (1952: III, 111-112); Júdice (1997: 123); Montero Santalha (2004).
1 que] qui B 3 en] eu BV; min] mi V 4 passei] pass\e/y V 9 sen] seu V 14 bõa] boa B : bona V 16 das] dꝯ B : da V; perdon] pardō B
3 en min escolher] eu mi escolher Lang, Nunes, Littera 10 per min] per mi Nunes, Littera : por mi Lang 14 bõa] bona Lang
(I) Das moitas coitas, señora, que eu sufrín desde que vos souben moito amar, por Deus, non podo hoxe escoller a maior; mais, por todo canto eu pasei, de mal en mal e de peor en peor, non sei cal é a maior coita, señora.
(II) Tantas coitas levei e padecín desde que vos vin que non podo hoxe discernir entre elas a maior, pois foron tantas e sen igual; mais, de todo isto que me pasou, de mal en mal e de peor en peor, non sei cal é a maior coita, señora.
(III) Tantas coitas pasei desde o tempo en que vos vin, señora, abofé, que non podo discernir cal é a maior; mais das que sufrín, así Deus me perdoe, de mal en mal e de peor en peor, non sei cal é a maior coita, señora.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:19)
As edicións precedentes optaron pola lección de V (mi), considerando estarmos perante unha forma pronominal átona, talvez condicionados por pasaxes como as seguintes: mais quer’én duas per força prender, / ou tres ou quatro, quaes me escolher (148.5); e aquesto non poss’eu escoller, / ca logo m’eu en al escolleria (398.10) etc. Mas esta lectura leva consigo a (inevitábel) sinalefa mi‿escolher, que convertería en hipométrico o verso. É por isto que, perante a lección unánime dos manuscritos (coa soa variación min/mí de B/V), optamos por considerar o banal erro <eu>/<en> (véxase, por exemplo este erro en 53.21, 117.21, 126.1-2, 139.8, 233.17, 243.9, 256.12 etc.), tal como suxire Nobiling (2007 [1907b]: 180-181). Deste xeito, a pasaxe indica que o trobador non é quen de determinar cal coita é a maior das que sofre (en min).
A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> en V é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de B), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.
A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).