629 [= RM 130,2]
Non á meu padre a quen peça

Non á meu padre a quen peça
ũa peça d’unt’anelho
con que untas[s]e sa peça
toda, coelho e coelho,
ca a peça non se espeça
u se estrema do vermelho,
ca muit’á i [j]a gran peça
que foi sen mant’a concelho.
 
 
 
 
5
 
 
 

Manuscritos


B 613, V 215

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 587 [= LPGP 859]); Lopes (2002: 430); Littera (2016: II, 399).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 84); Braga (1878: 43); Machado & Machado (1952: III, 261).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 372).

Lapa considera unha soa composición (incompleta) as cantigas 629 e 630, mais en B teñen numeración independente.

Variantes manuscritas


1 peça] peca B   2 peça] peca B   3 peça] peca B   5 peça non se espeça] peca nō se especa B   7 peça] peca B   8 foi] sfoy V; sen] se B; concelho] cotelho V

Variantes editoriais


2 d’unt’anelho] dun canelho Lapa, d’um canelho Lopes, Littera   3 untas[s]e] juntasse Lapa, Lopes, Littera   4 toda con ela o coelho Lapa, toda com ela o coelho Lopes, toda com ela o Coelho Littera   7 muit’á i] muit[o] á Lapa, muit[o] há Lopes, Littera

Métrica


Esquema métrico: 7’a 7’b 7’a 7’b 7’a 7’b 7’a 7’b (= RM 63:3)

Encontros vocálicos: 1 padrea; 4 coelhoe; 5 seespeça; 6 seestrema

Notas


Texto
  • *

    Esta composición e mais a seguinte eran tradicionalmente consideradas como unha única cantiga até o estudo de Fiaño Gándaras & al. (1988), que demostrou a necesidade de considerar independentes os textos 629 e 629bis na numeración d’heuriana (adaptada).O sentido concreto do escarnio non é de fácil comprensión, mais parece evidente o carácter erótico da alusión á peça. Como hipótese, e tendo en conta que o unto era utilizado en remedios tradicionais para a elaboración de emplastos, a interpretación literal –e burlesca– parece aludir á intención do pai de facer unha untura para tratar o seu pene. Aínda no terreo das hipóteses, podería pensarse que unha segunda lectura en clave sexual aludiría de forma metafórica a que hai xa tempo que o pai non untou a peza, quere dicir, non tivo relacións sexuais. E probabelmente sexa relevante que o termo coelho ten o significado metafórico de ‘vaxina’. Por outra parte, no último verso pode haber unha alusión metafórica á circuncisión (sen manto), que acaería ben ao sentido de calquera das dúas interpretacións.

  • 2-3

    Acollemos a criteriosa proposta editorial de Montero Santalla (2000: 427) para esta pasaxe, así como para o resto da cantiga, que respecta a lección dos manuscritos, aínda que afirme dous novos hapax na poesía trobadoresca. Porén, unto comparece en documentos notariais. Véxase, como mostra, o seguinte documento (cfr. CGPA, s.v. unto, untos): 

    Iten, hordenaron que qual quer persona de fora parte que trouxer a vender a dita çera ou untos ou manteiga ou aseite, que page de cada libra de çera un diñeiro (doc. de 1439).

    Canto a anelho ‘vello, antigo’, este derivado de annum (do lat. annĭcŭlum ‘de un ano, que ten un ano’) é forma rara na lingua, pois só o achamos nunha única ocasión nas Cantigas de Santa Maria (Non é anello / Este miragre, mais novo; CSM 273.43).
    E, aplicado a animais vacúns, en dous documentos notariais (véxase CGPA, s.v. anello, anellos): 

    et deste gaando eran xxxiii armentios mayores et x tenrreyros et xv anellos et ficaban xxxxvii armentios que foron uendidos pelo curador da vila por ccx libras et xv solidos (doc. 1291); 

    Iten, preçaron mays outra vaca con hun beserro anello, e un almallo (doc. de 1474).

    Canto a untar, transformado en juntar por Lapa (e Lopes e mais Littera), a súa lectura é indubitábel e cadra perfectamente co unto anterior.

  • 4

    Aínda que resulta de ben difícil interpretación, conservamos a lectura proposta unanimente polos manuscritos, face á emenda lapiana, sen apoio textual.

  • 5

    Espeçar (tamén en 1448.16) é ‘desfacerse (en pezas)’.

  • 6

    Estremar ‘estremar, separar, distinguir’ é voz pouco utilizada no corpus trobadoresco, xa que só reaparece en 516.5 e 1456.11, face á súa frecuencia na prosa, xunto con derivados como estrema, estremança ~ estremãça ou estremaçon (véxase CGPA, s.v.).

  • 8

    A expresión a concelho ‘publicamente’ é forma única no corpus fronte á formulación xeral en concelho (6.32, 470.2, 983.13, 1552.19, 1612.8).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado