I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 62 [= LPGP 314]); Cohena (2003: 115); Littera (2016: I, 364-365); Cohenb (2016b: 5).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 90); Braga (1878: 46); Machado & Machado (1952: III, 287).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 73); Nemésio (1961 [1949]: 111); Torres (1977: 130); Jensen (1992: 120).
6 faço] fazo V 9 mia] ma V
5 outren] outr’er Nunes
(I) Asañéimelle moito ao meu amigo porque el fai todo o que eu lle digo: porque sei que me ama, por iso me asaño con el.
(II) E se outro me fai algo que me cause desgusto, asáñome con el, e fago o correcto, porque sei que me ama, por iso me asaño con el.
(III) E xa coñece el moi ben as miñas mañas, pois sempre dirixo contra el toda a miña saña: porque sei que me ama, por iso me asaño con el.
Esquema métrico: 3 x 9’a 9’a 9B 7B (= RM 37:47)
A común lección <outrē> de BV desautoriza a innecesaria emenda de Nunes, pois outren (‘outra persoa’) é a lectura correcta.
En xeral, a forma ma é produto dun erro de copia (V neste caso), como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.4, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).