O Cancioneiro da Vaticana só achega copia das estrofas I e III (e a fiinda), ao tempo que en B se indican con cruces as ausencias textuais no espazo lacunoso da segunda estrofa no manuscrito.
I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 86); Minervini (1974: 62-63 [= LPGP 113]); Cohen (2003: 146); Cohen (2012a: 174); Littera (2016: I, 111-112).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 97-99); Braga (1878: 51); Machado & Machado (1952: III, 328-329).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 345-346); Landeira Yrago (1975: 162).
1 Que] Qne B; ai madre] aūnadre V 4 par de9 filha V 6-10 om. V 12 quiser] q̄ser B; a] o V 14 quant’ouver] quāto uiuer V 16 en] eu BV; gran] g̃ra B 17 guarra] Guaira B; én] ea V
Nunes reconstrúe completamente as lacunas textuais da cantiga a partir da incorporación da fiinda en todas as estrofas como sexto verso e mais refrán:
–Que me mandades, ai madre, fazer
ao que sei que nunca ben querer
soub’outra ren?
–Par Deus, filha, mando-v[o-l’ir veer
e sera ben
e do] que lhi faz [voss’amor sofrer
guarrá por en.
–Que farei madre, por morte partir
ao que de min nunca pôd’oir
nenhũa ren?
–Vaades] vós, filha, polo guarir,
e será ben
[e el que morre por vós, pois vos vir,
guarrá por en.]
–Que lhi farei, se veer u eu fôr
e mi quiser dizer, come a senhor,
algũa ren?
–Diga[des], filha, quant’ouver sabor,
e sera ben
e el, que viv’en gran coita d’amor,
guarrá por én.
4 mand[o-l’ir veer]] mando v[***-er] Minervini 5 e sera ben] om. Minervini 6 faz] far[ei]] Nunes, Cohena, Cohenb, Littera 9 vós] vos Minervini, Cohena, Cohenb 11 farei] direi Nunes; veer] vẽer Cohenb
(I) –Que me mandades, ai madre, fazer ao que sei que nunca soubo amar outra? –Por Deus filla, mándovolo ir ver e será ben feito.
(II) –Que lle [...]?
–[...] vós, filla, por salvalo, e será ben feito.
(III) –Que lle farei se el viñer a onde eu estiver e me quixer dicir, como a señora, algunha cousa?
–Que fale, filla, de canto lle agradar, e será ben feito.
(1) E el, que vive en gran coita de amor, vivirá así.
Esquema métrico: 3 x 10a 10a 4b 10a 4B + 10a 4b
Encontros vocálicos: 12 come‿a
Nunes considera que a fiinda forma parte do refrán, feito que condiciona toda a súa reconstrución da cantiga.
Cohen (2012a: 177) presenta unha proposta reconstrutiva para esta estrofa:
–Que lhi far<ei, madre, se o eu vir
e m’ el quiser, com’ a senhor, servir
mais doutra ren?
–Doede> vos, filha, polo guarir
e será ben.