I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 88-89); Minervini (1974: 76 [= LPGP 113]); Cohen (2003: 149); Littera (2016: I, 113).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 99); Braga (1878: 51); Michaëlis (1990 [1904]: II, 826); Machado & Machado (1952: III, 334); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 28).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 131); Fernández Pousa (1951: 98); Nunes (1959: 275); Álvarez Blázquez (1975: 186); Landeira Yrago (1975: 163); Torres (1977: 205); Pena (1990: 101); Jensen (1992: 22); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 19); Souto Cabo (2017: 53); Corral Díaz & Vieira (2023: 67).
2 oraçon] orazon V 3 meu] me B 5 querrei] Q̅irey B 8 mias] m\h/as V; gran] g̃ra B
1 Por] De Nunes 2 a Santiag’un dia] a Sant’ Iag’ un dia Nunes : a Santiag’[ir] un dia Littera; por] ir Cohen 4 [bon]] om. Minervini
(I) Pensei en ir de romaría a Santiago un día, por facer oración e por ver logo o meu amigo alí.
(II) E se estiver bo tempo e miña nai non for, quererei andar moi leda e máis fermosa parecer, e por ver logo o meu amigo alí.
(III) Quero eu, moi axiña, ver se hei poder ir queimar as miñas candeas pola gran coita que teño, e por ver logo o meu amigo alí.
Esquema métrico: 3 x 13a 13a 10B (= RM 26:28)
Encontros vocálicos: 2 San·ti·a·g’un
Tanto a emenda nunesiana no íncipit (Por > De) como a corrección de Cohen no v. 2 (por > ir) constitúen intromisións desnecesarias nun texto perfecto do punto de vista sintáctico e semántico.
A reintegración de Littera só se pode explicar a partir de que Santiago sexa considerada voz trisilábica, cando na realidade computa como catro sílabas.
Nótese a corrección do posesivo <mha> realizada polo propio copista en V, feito que suxire a posibilidade de considerar a forma ma como simple lapso de copia noutros contextos, aínda que é tamén forma correcta (véxase 104.18 e 465.2), en liña con ta (que non se atesta no corpus trobadoresco profano) e sa (moi frecuente). En xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran outras leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos (599.13, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1). Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.4, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).