I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 190 [= LPGP 695]); Cohen (2003: 265); Littera (2016: II, 191).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 145); Braga (1878: 72); Machado & Machado (1953: IV, 97).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 97).
4 vos] us B 6 querrei] queirey B 7 sera] sem B 9 vós] iuos V 10 averra] aueira B 11 pois] Poy B
(I) Ai, miña nai, sempre vos eu rogarei polo meu amigo, e aínda que nada me vale con vós e (aínda que) lle queredes mal, direivos o que vos farei por iso: xa que queredes mal o meu lume e o meu ben, madre, eu querereivos mal a vós por iso.
(II) Mirade como será, que non hei de vivir máis convosco; pois que ao meu amigo lle queredes mal, direivos o que vos sucederá por iso: xa que queredes mal o meu lume e o meu ben, madre, eu querereivos mal a vós por iso.
Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:184)
Neste verso aparece a frecuente locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus, aínda que nalgúns contextos é posíbel optar pola independencia sintáctica dos dous elementos.