I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 191 [= LPGP 695]); Cohen (2003: 267); Littera (2016: II, 192).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 145); Braga (1878: 72); Machado & Machado (1953: IV, 98).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 97).
5 e en] Cen B 7 ventura] uentᵉa BV 8 escontra] es cout̃ B 10 mund’á] mūdo B 11 e en] Cen B
8 escontra mí barata [el]] [el] escontra mi barata Nunes 10 min] mi Nunes, Cohen, Littera 11 min] mi Nunes, Cohen, Littera
(I) Deus! Por que o meu amigo fai de todo excepto aquilo que sabe que me prace? Mal aconsellado é niso, abofé, xa que en min reside neste momento todo o ben que ten, e en min ten a coita e o lecer e o pesar e canto de pracer ten.
(II) E xa que Deus tal ventura lle dá contra min, obra el moi mal se nunca se afasta do que lle eu mando, xa que en min ten todo o ben que existe no mundo, e en min ten a coita e o lecer e o pesar e canto de pracer ten.
Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:185)
Encontros vocálicos: 5 coita‿e; 11 coita‿e
A puntuación dese período nas edicións precedentes diverxe significativamente da que propomos. Eis. como mostra, o texto de Cohen:
E, pois lhi Deus atal ventura dá,
escontra mí barata [el] mui mal
se nunca ja de meu mandado sal.
Nótese como, dese xeito, os vv. 8-9 implican unha contradición evidente, xa que afirmaría que o amigo obra moi mal contra a amiga se nunca a desobedece. A noso ver, a solución reside na ligazón da frse preposicional contra mí con dar ventura, tal como con moita frecuencia achamos no corpus (tamén con seer ventura). Véxanse algúns contextos:
por me Deus dar contra vós tal ventura
que eu por vós assi ei a mor[r]er (106.6).Senhor, por Deus vos rogo que querades
saber un dia [como] mia ventura
é contra vós, a que quero melhor (293.2).Tal ventura quis Deus a min, sen[h]or,
dar contra vós (855.1) etc.
Así pois, estas pasaxes condiciona a puntuación (e interpretación) do período:
E, pois lhi Deus atal ventura dá
escontra mí, barata [el] mui mal
se nunca ja de meu mandado sal.
Por outra banda, o pronome el resolve a ausencia de unha sílaba métrica no verso (nótese a súa presenza na estrofa I, v. 4), ao tempo que se mantén o acento na 4ª sílaba.
Téñase en conta que a preposición escontra, o mesmo que acontece con contra, pode indicar non só oposición, mais, tal como neste contexto, ser equivalente a ‘con relación a’.
Por outra banda, o pronome el resolve a ausencia de unha sílaba métrica no verso (nótese a súa presenza na estrofa I, v. 4) ao tempo que se mantén o acento na 4ª sílaba.
Nótese a leve variación lingüística no refrán, que ofrece a forma pronominal min en face da variante mí da estrofa I (talvez un simple erro de copia por omisión da abreviatura). Cfr. nota a 27.4.